Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de decembro de 2020

O Concello acada 12,6 millóns de euros de fondos europeos para a renovación completa da iluminación pública da cidade

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico vén de refrendar coa aprobación do proxecto coruñés as xestións realizadas polo executivo de Inés Rey durante os últimos nove meses

O Goberno municipal da Coruña acadou un dos maiores investimentos europeos aprobados nos últimos anos para municipios galegos. O Ministerio para s Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico acaba de ratificar o proxecto presentado desde A Coruña, e que suporá un investimento total de 15,7 millóns de euros, dos que a Unión Europa aporta, a través do IDAE, 12,6 millóns. Eses fondos permitirán a renovación integral de toda a iluminación pública exterior da cidade.

A alcaldesa, Inés Rey, encargoulle ao concelleiro de Economía e Facenda, José Manuel Lage Tuñas, as negociacións co Ministerio e co IDAE para poder conseguir os fondos europeos que permitirán tamén reducir o gasto corrente do Concello ao estimarse o aforro enerxético en máis dun 60% anual. O Concello da Coruña gasta anualmente  entre o suministro eléctrico exterior e o mantemento do alumeado unha cuantía superior aos 9 millóns de euros. O aforro anual para as contas municipais, rondará os 5 millóns de euros, poderanse destinar a outros fins mellorando, ao mesmo tempo, a calidade lumínica da cidade e reducindo o impacto no medio ambiente.

Este proxecto permitirá a renovación de casi 21.000 puntos de luz, substituíndo as actuais luminarias por LED máis eficientes, e actualizando os 496 cuadros de mando existentes para adaptalos á normativa vixente.

O Servizo de Contratación terá agora seis meses, segundo a normativa que regula estos fondos, para proceder á licitación do contrato de suministro, mantemento e substitución das luminarias, co que unificará nun contrato de servizos enerxéticos os diferentes contratos existentes na actualidade. O Concello da Coruña, segundo figura na resolución do Ministerio, terá un máximo de trinta meses para levar adiante a execución do contrato de substitución das luminarias.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión