Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de outubro de 2020

O Concello aclarará as dúbidas que xurdan da lectura do PXOM para axilizar a tramitación de licenzas e demais procedementos urbanísticos

A Concellería de Urbanismo publicará este luns os criterios interpretativos do PXOM e do PEPRI

A Concellería de Urbanismo publicará este luns os criterios interpretativos que segue o Servizo de Intervención da Edificación e Disciplina Urbanística para aplicar no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e no Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e Pescaría (PEPRI), e que foron elaborados polo persoal técnico municipal en base aos temas expostos na Mesa polo Desenvolvemento Urbano Sustentable. Coa posta en común destas premisas, a área de Juan Díaz Villoslada pretende aclarar os contidos da normativa en ambos os documentos urbanísticos para evitar as dúbidas que poidan xurdir da súa lectura. O edil destaca os resultado frutíferos que está dando a mesa por ser un foro permanente de comunicación e de colaboración entre os axentes públicos e privados.

A finalidade de marcar estes preceptos é a de axilizar a tramitación das licenzas urbanísticas, así como a de garantir a homoxeneidade na interpretación e a seguridade xurídica do persoal técnico e a de todos os operadores que interveñen no proceso construtivo da cidade. Por iso, tratarán de resolver os conflitos que aparezan ao empregar terminoloxía que poida resultar ambigua o indeterminada e despexar posibles contradicións de dúas leis de aplicación concorrentes. Lembra que o goberno que dirixe Inés Rey concedeu no seu primeiro ano de mandato 755 licenzas urbanísticas, máis do dobre dos permisos desta natureza que chegou a outorgar o anterior equipo de goberno, que lle deu luz verde a 336 expedientes nos  primeiros 18 meses.

Agrupando os criterios nun único corpo, facilitarase a súa difusión tanto cun carácter informativo como formativo e asegurarase a transparencia no funcionamento do servizo público. Esta forma de traballar foi un dos obxectivos que fixou a Mesa polo Desenvolvemento Urbano Sustentable que se leva reunindo desde novembro para recoller as demandas das persoas promotoras, construtoras, asociacións, colexios profesionais de arquitectos e das/os arquitectos técnicos.

Os fundamentos que se farán públicos a semana que vén son os que se tomarán en conta para regular as condicións de aparcadoiros, edificacións, o cómputo da edificabilidade, as construcións permitidas sobre as cubertas e as vivendas exteriores. Tamén serán os que se usarán para acoutar o alcance da aplicación do artigo 7.2.2.5.2 do PXOM.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión