Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

10 de setembro de 2020

O concello adscríbese á plataforma “Accesibilitas” para mellorar a accesibilidade de espazos

A plataforma conta con persoas expertas na materia e colga exemplos que poden ser fonte de inspiración para o Goberno local á hora de deseñar infraestruturas ou darlles unha volta aos bens e servizos que xa están en marcha

O concello incorpórase á plataforma "Accesibilitas", creada pola Fundación ONCE e o Real Padroado sobre Discapacidade para mellorar a accesibilidade no deseño de espazos, bens e servizos da cidade. A plataforma fomenta a xeración e difusión do coñecemento nesta materia e diríxese a aquelas persoas profesionais que poidan influír na mellora desta cuestión: "En esencia, ten cabida nela calquera persoa e institución interesada en contribuír ao deseño universal", aseguran desde ambas as institucións.

O sitio web conta con seccións como "Actualidade", "Cursos e xornadas", "Produtos de apoio", "Guías, manuais e estudos" ou "Casos de éxito", en que se colgan exemplos desa accesibilidade que se busca e que poden servir de fonte de inspiración para que organizacións e persoas os trasladen aos seus núcleos urbanos. Permite tamén descargar deseños de produtos de apoio en 3D e dispón dunha área privada que dá acceso gratuíto á normativa técnica de ISO e UNE en materia de accesibilidade así como a foros especializados. Deste xeito, o concello disporá de 79 normas técnicas relacionadas con este campo grazas a un acordo da Fundación ONCE e o Real Padroado sobre Discapacidade coa Asociación Española de Normalización, UNE e AENOR. Estas normas agrúpanse nas categorías de autonomía persoal, comunicación, cultura e ocio, educación, contorna construída, contorna natural, xeral, produtos de apoio, produtos e servizos, tecnoloxía, transporte e turismo.

Ademais, as entidades adheridas poderán difundir na plataforma eventos relacionados coa accesibilidade universal e o deseño para todas as persoas levados a cabo nas súas localidades, o que lles permitirá visibilizar os avances nesta materia.

Igualmente, terán a posibilidade de contactar con outros consistorios e organizacións para consultaren e poren en común as dúbidas ou prácticas relacionadas coa accesibilidade, así como con persoas expertas que lles axudarán a solucionar os seus problemas. As persoas interesadas en coñecer o portal pódense dirixir a https://accessibilitas.es/

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión