Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de agosto de 2022

O Concello adxudica por 2,7 millóns de euros o contrato conxunto das Escolas Infantís Municipais

Este servizo verá incrementadas as súas horas e continuará sendo gratuíto para as familias

O Concello da Coruña aprobou hoxe, en Xunta de Goberno Local extraordinaria, a adxudicación por un total de 2,787.000 euros da prestación do servizo de xestión das Escolas Infantís da Agra do Orzán, O Castrillón-Carricanta, Os Cativos, Os Rosales, Mesoiro-Caracola, Arela, Luís Seoane e Monte Alto. O novo contrato terá unha duración de tres anos, que poderían ser prorrogados anualmente ata un máximo de cinco.

Será o terceiro ano consecutivo no que as nais e pais dos pequenos que asisten ás Escolas Infantís Municipais (EIM) terán garantida a gratuidade do servizo, unha medida posta en marcha neste mandato como parte do plan de axuda ás familias, e que beneficia a máis de 800. "É un asunto de vital importancia para moitas familias da cidade, e a aposta polas Escolas Infantís é un compromiso inequívoco do meu Goberno. O contrato que hoxe adxudicamos así o evidencia", sinalou a alcaldesa Inés Rey.

Ademais, por primeira vez contrátase, de xeito conxunto, a xestión das escolas nun contrato que terá unha duración de tres anos, co que se pretende dar estabilidade e seguridade á prestación do servizo. Inés Rey tamén falou do incremento orzamentario destinado ás EIM: "Desde o ano 2020 aumentamos o investimento en preto dun millón de euros, co obxectivo de estender a gratuidade do servizo e tamén de mellorar a calidade na súa prestación ás familias".

O novo contrato establece que os adxudicatarios se comprometen a prestar un horario ampliado de 07.00 a 17.00 horas. Ademais, prestarán 10 horas adicionais semanais de inglés aos grupos de idade de 2 a 3 anos, ademais do mínimo de 5 horas semanais xa establecido, agás nas escolas de Arela e Monte Alto, que prestarán dúas e cinco horas extra. Por outra banda, impartiranse 2 horas por trimestre escolar destinadas ao desenvolvemento dun proxecto de actividades complementarias, sen custo adicional para as familias e fóra do horario escolar, así como 10 horas adicionais a distribuír ao longo do curso, agás nas escolas dos Rosales e Luís Seoane, onde se impartirán 152 horas adicionais ás 2 horas ofertadas.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión