Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

16 de outubro de 2020

O concello amplía o carril para correr sobre os raís do tranvía desde os Surfistas ata a Torre de Hércules para mellorar a seguridade viaria

Está previsto que os traballos comecen a principios de novembro

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou hoxe que o Concello ampliará o carril para correr sobre os raís do tranvía desde os Surfistas ata a Casa dos Peces nunha primeira fase para mellorar a seguridade viaria. Deste xeito, dixo, estenderase o carril para corredores/as e ciclistas sobre esta estrutura férrea do Paseo Marítimo, co fin de "mellorar a seguridade viaria nunha zona perigosa e darlles resposta ás queixas da veciñanza". Así a ampliación do carril que se prolongará agora desde As Escravas ata o faro romano, pola marxe máis próxima ao mar, permitiralles ás persoas deportistas dispoñer de máis espazo para practicar exercicio e liberar así máis zona peonil no paseo.

A alcaldesa lembrou que esta actuación será provisional xa que se acometerá unha reforma integral do Paseo Marítimo nesta zona, do mesmo xeito que a que comezará proximamente desde San Antón ata a Torre de Hércules e que conta con financiación EIDUS.

Esta actuación responde ao elevado número de accidentes que tiveron lugar nestas vías nos último anos, unha situación que, segundo a alcaldesa, "temos a obriga de remediar".

Desde a Concellería de Infraestruturas sinalan que está previsto que os traballos comecen a principios de novembro e estenderanse durante 20 días.

Neste senso, a alcaldesa lembrou a boa acollida do primeiro tramo do novo carril, entre Surfistas e Escravas, e apuntou a necesidade de concienciar as persoas que pasean por el do risco que supón pasear por esta vía exclusiva para corredoras e corredores.

Tamén che pode interesar...

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión