Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de decembro de 2020

O concello amplía o dispositivo especial de seguridade ante a previsión meteorolóxica e pecha xardíns e áreas infantís

As condicións meteorolóxicas, que obrigan a decretar a alerta vermella na costa e amarela na terra, afectaranlle tamén ao servizo de recollida do lixo, ao impedir a saída do camión pluma

A Área de Seguridade Cidadá do Concello da Coruña informa de que o aviso de alerta laranxa por costeiros pasa a nivel vermello, polo que este venres pechará parques e xardíns até as 8.00 horas do vindeiro luns 7 de decembro. O concello prevé que os fortes ventos que se esperan durante o día de hoxe causarán incidencias tamén no servizo de recollida do lixo, ao impedir a saída do camión pluma, o que lle afecta sobre todo á recollida de papel e cartón e dos contedores soterrados.

Ademais, este fenómeno costeiro de risco extremo coincide con mareas vivas e máximos de ondadas próximas á preamar, arredor das 18.40 h, polo que é probable que teña incidencia en puntos sensibles do litoral. Seguridade Cidadá do concello informa de que estarán habilitados todos os dispositivos necesarios ante un posible peche do Paseo Marítimo para as persoas viandantes desde a Coiraza ao Playa Club. Tamén hai un dispositivo establecido para cortar o tráfico de vehículos na mesma zona do Paseo Marítimo, en caso de que sexa necesario. Así como a activación dos servizos de Extinción de Incendios e Salvamento, Servizo Municipal de Protección Civil e Corpo da Policía Local, mentres se manteña activa esta alerta.

O Goberno local pídelle á cidadanía precaución e chama a evitar situacións de risco ante a situación meteorolóxica. Recoméndase non achegarse á zona de costa e lémbrase que o acceso aos areais da cidade non está permitido. Desde o concello comunícase que a Torre de Hércules e o CIAV permanecerán pechados ao público durante toda a xornada.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión