16 de marzo de 2020
O anuncio da medida por parte do Goberno local vén acompañado da desactivación das videocámaras que sancionan aos condutores e condutoras por estacionar en dobre fila no termo municipal
O Goberno local anuncia que debido á situación de estado de alarma declarada polo Goberno do Estado indicaráselle á empresa concesionaria do aparcadoiro do materno oncolóxico que habilite o servizo de balde para o persoal sanitario e usuarios do centro. Esta decisión enmárcase nun contexto de medidas que o concello está a tomar para garantir os servizos esenciais e facilitar o traballo dos profesionais do ámbito da saúde.
Por outra banda, o Executivo local tamén comunica que desde hoxe se desactivan as videocámaras que sancionan ás persoas condutoras que estacionen os seus vehículos en dobre fila. Deste xeito, as persoas propietarias de vehículos que teñan unha necesidade de carácter urxente (deixar a unha persoa maior, recoller a unha persoa enferma...) poderán estacionar o seu vehículo en dobre fila durante un período de tempo curto, para realizar esta actividade. Esta medida súmase á xa anunciada da suspensión da zona ORA na cidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible