Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de agosto de 2021

O Concello autoriza o paso dos taxis por San Andrés, Orzán e rúa Nova nunha aposta por mellorar o transporte público e a inclusión

A nova medida garantirá a seguridade das persoas maiores e que as que teñen algún tipo de discapacidade poidan chegar até o punto exacto que lle solicitaron ao servizo

O Concello autoriza desde hoxe o acceso dos taxis por San Andrés, Orzán e rúa Nova co fin de mellorar o servizo público e que poidan recoller e deixar persoas usuarias no destino exacto en que o solicitan. Desde o Goberno local, consideran que se debe permitir o paso destes vehículos nas ditas rúas peonalizadas co obxectivo de achegar as persoas residentes ás súas vivendas ou lugares de traballo e as persoas visitantes do edificio da sede da ONCE ao punto máis próximo á entrada do edificio dos Cantóns xa que moitas/os usuarias/os presentan discapacidades visuais. Desta forma, favorécese tamén a inclusión e auméntase a seguridade das persoas maiores.

Esta medida entra dentro da premisa do Goberno de Inés Rey de crear unha cidade máis sostible, unha cuestión que quedou ratificada coa firma de outubro de 2019 dunha declaración en que o Concello se comprometeu a realizar un repartimento máis equilibrado do espazo urbano destinado á mobilidade motorizada e non motorizada. Para a alcaldesa, a aposta por unha mobilidade non contaminante implica mellorar o transporte público co fin de que a cidadanía descarte usar o seu coche privado. Dentro desta forma de entender A Coruña, determinouse a peonalización de rúas como Alcalde Marchesi, Compostela, Monte das Moas ou a recente transformación da rúa Nova e reduciuse a velocidade na maioría das vías a 30 km/h.

Para que a incorporación dos taxis de forma puntual non altere o carácter peonil xa sexa temporal, como o caso de San Andrés, ou permanente de Orzán e rúa Nova, o Goberno local ideou un mapa de ruta de maneira que as e os profesionais poderán acceder á rúa Orzán, en concreto, ao tramo final próximo á praza de Pontevedra no cruzamento coa rúa Alta para saíren así pola rúa Rexedor Somoza. Canto a San Andrés, a entrada sitúase nos días de corte desde Hortas e Pórtico de San Andrés para descorreren pola rúa Alta, Sol ou por Cordonería. Para se incorporaren á rúa Nova, o xeito de facelo é entrando desde San Andrés cara ao Cantón Grande, sen que se lles permita o acceso á zona peonil consolidada.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión