Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de agosto de 2021

O Concello avanza na negociación dun protocolo xeral para os espazos portuarios que supere os convenios de 2004

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, asegurou que o Goberno local entende o diálogo como a única forma de conseguir que grandes proxectos de cidade como a recuperación dos peiraos saian adiante

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, anunciou hoxe que o Goberno local avanza na negociación conxunta dun protocolo xeral que supere os convenios de 2004 canto aos espazos portuarios e sinalou que se están conformando os grupos de traballo coas distintas administracións implicadas -Ministerio de Transportes, Adif, Portos do Estado, Autoridade Portuaria e Xunta de Galicia- para darlles saída a todas as cuestións aprobadas no Pleno pola Corporación.

Tras a xuntanza realizada hoxe con Marea Atlántica para informar sobre as distintas comisións interadministrativas que mantiveron até o momento, o edil asegurou que o Goberno de Inés Rey entende o diálogo como a única forma de conseguir que os grandes proxectos de cidade saian adiante. Con esa determinación traballan por garantir a titularidade pública dos terreos portuarios e na conformación dunha entidade pública que xestione a transformación deses espazos. Villoslada sinalou que este proceso pasa actualmente polo establecemento das bases xerais do plan director de ordenación dos espazos portuarios, "con todo o seu cronograma xa que é moi distinta a zona 1, cuxa recuperación é máis inmediata, da zona 2 do peirao de Petroleiros, en que traballamos cunha perspectiva máis a longo prazo".

Neste punto, asegurou que seguirán negociando a posibilidade de entrar nese ente instrumental e adquirir a zona 1 até un 75% xa que sería un elemento importante para levar adiante un protocolo que lle dea viabilidade económica e financeira á Autoridade Portuaria para saldar a súa débeda. Ademais, explicou que se está a perfilar un convenio máis específico para a adecuación da zona de Batería que, xunto co peirao de Trasatlánticos, se está abrindo á cidadania.

Villoslada sinalou que a reunión con Marea Atlántica resultou moi frutífera e recordou que desde o Goberno municipal avogan por lle dar solucións a esta reformulación urbana da fachada portuaria, "un dos grandes retos da cidade, unha vez que a conexión ferroviaria está en marcha grazas aos compromisos asinados o pasado 23 febreiro no pazo municipal".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión