Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

29 de enero de 2021

O Concello colaborará co Sergas no cribado masivo de Expocoruña

Desde a Área de Seguridade Cidadá sinalan que “a Policía Local colaborará no control dos accesos ao recinto ferial regulando o tráfico e no cumprimento das medidas de seguridade por parte das veciñas e dos veciños que a Xunta de Galicia convoque a estas probas”

O Concello da Coruña colaborará co Sergas no cribado masivo que o servizo de saúde autonómico comezará a realizar mañá en Expocoruña e que se estenderá durante varios días. Desde a Área de Seguridade Cidadá sinalan que "a Policía Local colaborará no control dos accesos ao recinto ferial regulando o tráfico e no cumprimento das medidas de seguridade por parte das veciñas e dos veciños que a Xunta de Galicia convoque a estas probas". Ao mesmo tempo, o Concello tamén asiste desde hai meses á administración autonómica no Covid-auto do Ventorrillo.

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, lémbralle á veciñanza que "só deben acudir a este cribado masivo aquelas persoas que sexan convocadas polo Sergas" e que, neste caso, "non será un Covid-auto senón que as probas se levarán a cabo dentro do recinto".

Dentro desta colaboración, o Concello levará a cabo esta tarde a limpeza e desinfección da zona, e tamén dotará de máis contedores o recinto ferial.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión