Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de abril de 2023

O Concello comeza os traballos de creación dunha pantalla verde entre Matogrande e Alfonso Molina

A actuación suporá a creación de sendas peonís de lousa e o axardinamento dun corredor de 150 metros para xerar unha barreira visual entre o barrio e a avenida

O Concello da Coruña comezou os traballos para crear unha pantalla verde entre o barrio de Matogrande e a avenida de Alfonso Molina. Esta actuación enlazará coa barreira vexetal existente na zona norte desta zona verde.

A intervención atópase no espazo situado en paralelo á rúa Enrique Mariñas e que conecta coa pasarela peonil sobre a avenida de Alfonso Molina. O obxectivo desta actuación é crear un espazo de protección visual e sonora para os peóns e as vivendas de Matogrande, ademais de achegar un maior valor estético.

A pantalla verde terá 150 metros de lonxitude e 5 metros de anchura e suporá unha intervención nunha superficie de 5.500 metros cadrados. Plantaranse diferentes especies arbóreas e arbustivas ao longo deste traxecto, en consonancia co resto de zonas verdes do barrio.

Ademais, crearanse novos itinerarios peonís para a cidadanía. Por unha parte, en paralelo á pantalla verde haberá unha senda de lousa de 105 metros de lonxitude e dous metros de anchura. Ademais, habilitarase outra senda que normalizará o paso peonil desde Enrique Mariñas ata a pasarela de Alfonso Molina. A actuación complementarase cunha revisión do sistema de rega na zona.

Está previsto que os traballos se completen en 30 días. O Concello investiu 131.000 euros nesta actuación.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión