Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de xullo de 2021

O Concello concede 2.481 bolsas comedor para o vindeiro curso, o maior número da historia do programa

A concelleira de Benestar Social sinalou que o período de tramitación desta convocatoria foi o máis curto dos últimos cinco anos. Yoya Neira: “Concedéronse o 73,27 % das solicitudes presentadas”. As familias cuxa bolsa non foi concedida terán un prazo de dez días para presentar as alegacións que consideren oportunas.

O Concello publicou esta mañá na web de Servizos Sociais a lista predefinitiva en que figuran as concesións provisionais do programa de bolsas comedor. A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, anunciou que o Concello concede 2.481 bolsas comedor para este curso 21-22. "É o ano que máis bolsas se concederon na historia do programa. Un 11% máis que o ano pasado e un 49% máis que hai 3 anos", dixo Neira, que salientou que "estes datos constitúen unha proba do compromiso do Goberno de Inés Rey coas políticas sociais".

A concellería recibiu un total de 3.386 solicitudes, tamén o maior número da historia do programa, o que supón un incremento dun 6% con respecto ao ano pasado, un 18% con respecto a hai dous anos, nun 56% respecto ao 2018. Nesta convocatoria concedéronse o 73,27% do total das solicitudes. Tan só o 29,9% presentaron a documentación incompleta e o 64,3% das persoas corrixiron os erros. Foron denegadas 905 becas, un 61% débese a que superaban os ingresos establecidos na convocatoria ou non alcanzaban a puntuación mínima, e un 39% a que non cumprían as bases da convocatoria ou non achegaron a documentación completa. As familias cuxa bolsa non foi concedida terán un prazo de dez días, desde mañá até o 12 de agosto, para presentar as alegacións que consideren oportunas.

Neira sinalou que este foi o ano en que o período de tramitación foi o máis curto das cinco últimas convocatorias. O persoal traballador da concellería tramitou 55 expedientes por día: "Empregáronse 90 días en publicar esta lista predefinitiva", explicou

As persoas responsables da concellería destacan que esta porcentaxe de solicitudes incompletas é inferior á doutras convocatorias debido ás melloras introducidas este ano nos modelos de solicitude, así como a formación que recibiu o persoal traballador nos rexistros municipais que asesoraba as persoas solicitantes no momento de rexistrar as súas solicitudes. Ademais, reforzáronse  os puntos de atención no rexistro con 4 auxiliares de Servizos Sociais no período de tramitación e cun 1 auxiliar no prazo de emendas, ademais realizáronse reunións de información con persoal de Servizo Sociais, con colexios, ANPAS e entidades sociais.

Desde a Concellería de Benestar Social lembran que nesta convocatoria os ingresos máximos per cápita da unidade familiar aumentáronse en 1.000 euros (de 7.000 a 8.000 euros) e que obtiveron a máxima puntuación de maneira automática non só as persoas beneficiaria da RISGA ou a Renda Social Municipal senón que se ampliou ás persoas perceptoras do Ingreso Mínimo Vital o subsidio por desemprego. Ademais estableceuse un novo criterio de valoración adicional e económico para aquelas familias que se atopaban en situación de vulnerabilidade por mor da COVID 19 no momento de presentar a solicitude.

Máis info: https://bit.ly/3i8IdWL

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión