Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Cando:

9 de xaneiro de 2021

O Concello concederá a Medalla ao Mérito da Cidade á Asociación de Personas Sordas de A Coruña (ASPESOR)

A iniciativa será levada na súa categoría de ouro á Comisión de Honras e Distincións que terá lugar este luns

O Goberno municipal levará este luns á Comisión de Honras e Distincións do Concello da Coruña a proposta para lle conceder a Medalla ao Mérito da Cidade á Asociación de Personas Sordas de A Coruña (ASPESOR), na súa categoría de ouro.

A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que "a traxectoria da asociación, a importancia do labor social e de integración das persoas non ouvintes, a contribución á remoción das barreiras que dificultan a dita integración e o liderado no conxunto de Galicia nesa función resultan méritos abondo para propor ASPESOR a esta distinción".

ASPESOR foi a primeira asociación de persoas xordas de Galicia. Con 50 anos de historia, a entidade naceu na Coruña de 1970 e baixo o nome de Agrupación de Sordomudos. O seu obxectivo nese primeiro momento era o de reunir a todas as persoas xordas dispersas pola xeografía galega, co fin de que dispuxeren dun lugar común de encontro. Así, os comezos da asociación remóntanse aos anos 50, cando representantes da Federación Nacional de Sordos de España visitaron A Coruña co obxectivo de crearen unha asociación de persoas xordas na rexión. Esta visita supuxo un forte impulso para as persoas xordas da nosa cidade, que decidiron asociarse. A través dunha pequena recensión publicada no xornal convocaron as persoas xordas para se reuniren no que hoxe en día é a igrexa de San Pedro de Mezonzo. Desa reunión saíu a primeira Xunta Directiva de ASPESOR, presidida por Gonzalo Parga Calderón.

ASPESOR converteuse no punto de partida de todo o tecido asociativo da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa loita céntrase na eliminación das barreiras de comunicación existentes. Actualmente, a asociación conta con 128 socias/os, das/os que 101 son persoas xordas e 27 son persoas socias colaboradoras.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión