Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de maio de 2022

O Concello convoca cen novas prazas de oferta pública de emprego

Máis da metade son de acceso libre e permitirán unha mellora da calidade de diferentes servizos municipais

O Concello da Coruña aprobará este mes a convocatoria de cen novas prazas de oferta pública de emprego para este ano 2022. Os postos de acceso libre son, entre outros, os de técnico de administración xeral (6), técnico medio de xestión (5), auxiliar administrativo (5), arquitecto superior (3) e axentes da policía local (20).

Do total de 100 novas prazas ofertadas, hai 53 que son de acceso libre. Hai tamén 16 prazas de estabilización ás que se accede por concurso-oposición e 31 prazas de promoción interna. Por outra banda, existen outras 109 prazas de estabilización que corresponden a procesos abertos en anos anteriores e ás que se poderá optar por concurso público. Os procesos de estabilización permitirán, de acordo coa actual normativa, reducir a temporalidade do emprego público.

"Con esta nova convocatoria o Goberno de Inés Rey mantén o seu firme compromiso coa mellora dos servizos municipais, así como co emprego público e a dinamización económica", apuntou o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage. Nos últimos meses pecháronse diferentes procesos de promoción interna para máis de 200 persoas, entre persoal de Bombeiros e auxiliares administrativos.

Por outra banda, está en marcha o proceso de selección de 22 prazas de Administración xeral (A1) e 17 de Técnicos de xestión (A2) froito da última convocatoria de emprego público municipal. O Concello convocou, ou ten previsto convocar durante este mandato, un total de 129 postos de acceso libre, 283 de promoción interna e 125 de estabilización. O obxectivo, indicou Lage Tuñas, "é reforzar os servizos públicos para a prestación de mellores servizos aos cidadáns e cidadás, á vez que se fomenta a creación de emprego desde o sector público".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión