Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de septiembre de 2022

O Concello da Coruña abre o prazo para solicitar os locais de ensaio municipais

Nos últimos meses numerosas bandas locais que forman parte do programa actuaron pola cidade e gravaron discos e videoclips

O Concello da Coruña abre hoxe o prazo para solicitar os locais de ensaio municipais. Desde este luns, 19 de setembro, pódese optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre. Que, cando menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos, e que o 50% da agrupación acredite vivir ou cursar estudos actualmente na cidade son os dous únicos requisitos para gozar das dúas horas e media semanais de ensaio que actualmente se ofertan por grupo. A documentación requirida deberá enviarse ao enderezo de correo electrónico xuventude@coruna.gal.

As persoas interesadas poden descargar os impresos desde locaisdensaio.blogspot.com. O prazo ordinario de inscrición rematará o 2 de outubro. Os novos horarios resultantes deste proceso comezarán a aplicarse a partir do 24 de outubro.

Os novos grupos usuarios terán a posibilidade de subir o nivel do seu proxecto musical de balde, e poderán gravar as súas composicións no estudio, depurar a súa imaxe corporativa, gañar táboas enriba dun escenario en eventos e festivais, e recibir o apoio que precisan con titorías específicas para cada proxecto.

Nos últimos meses, desde os Locais de Ensaio presentáronse traballos como a publicación do primeiro EP de Veridiscent, ou Leftlovers e o seu primeiro videoclip. Outros grupos foron tomando forma, como Obsesión (que tocaron nas festas do barrio das Flores hai unhas semanas), e formacións máis veteranas como Black Crab, Crimson And Clover, ou Guilty Rage seguiron a dar concertos durante o verán. O pasado mes de xullo realizouse no Castelo de San Antón o primeiro festival os Directos do Castelo que unía a catro grupos residentes nos Locais de Ensaio.

O Goberno de Inés Rey amosa deste xeito o seu compromiso coa cultura e coa música local. Neste sentido, este mes de setembro comezou nas salas de música ao vivo da cidade unha serie de actuación dentro do Tandem Fest, formado por bandas coruñesas.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión