Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de novembro de 2021

O Concello da Coruña acomete a reforma integral da pista polideportiva da Sagrada Familia

As obras consistirán na rehabilitación integral do espazo deportivo e súmanse as levadas a cabo no que vai de mandato nos distintos barrios da cidade

O Concello da Coruña a través da Concellaría de Deportes, que dirixe Mónica Martínez, comezou esta semana os traballos de mellora integral da pista polideportiva do barrio da Sagrada Familia. Esta actuación forma parte da política de restauración dos espazos deportivos municipais da cidade que leva a cabo o goberno de Inés Rey.

Os traballos xa comezados consisten no pintado do enreixado da pista e na restauración completa da bancada. Nos vindeiros días vaise puír, lavar e pintar a superficie, ademais dos muros, paredes, chanzos e liñas de xogo. Ao respecto dos equipamentos deportivos, está previsto un cambio de ubicación das canastras de baloncesto, que na actualidade atópanse en dúas canchas de campo completo. A actuación posibilitará a creación de catro canchas de baloncesto 3x3.

A reforma da pista polideportiva da Sagrada Familia é a última actuación desenvolta pola área de Deportes ata o de agora nos equipamentos deportivos dos barrios da Coruña. Algúns dos traballos xa rematados foron o do cambio de cuberta e arranxos das instalacións da piscina de Riazor por 285.000 euros ou a reforma da pista central do Palacio dos Deportes de Riazor. 

Nos barrios, destacan o cambio do lucernario do pavillón do Barrio das Flores (48.315 euros), a reforma da fachada do pavillón de Os Rosales (39.527 euros), a construción da pista multideporte da praza da Tolerancia (152.150 euros), a pista deportiva de San Diego (8.574 euros), a rehabilitación dos chanzos do campo de fútbol de Agrela (20.406), a reforma da sala de boxeo e a reforma das portas polideportivas de Riazor (26.716 euros) ou as obras, aínda en execución, para levar a subministración eléctrica ás instalacións da Sociedade Deportiva As Xubias e o adecuación das instalacións do club na praia de Oza.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión