Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

7 de julio de 2022

O Goberno municipal destinará 822.000 euros a reforzar a programación cultural municipal

O Concello da Coruña amplía as Zonas de Especial Afluencia Turística para apoiar ao pequeno comercio

A ampliación chega ao barrio do Monte Alto e a contorna da praza de Lugo a petición das asociacións de comerciantes

O Concello da Coruña aprobou este xoves, no pleno ordinario do mes de xullo, a proposta de Zonas de Especial Afluencia Turística na cidade, proposta que dotará dunha maior flexibilidade horaria aos comercios ubicados en ditas zonas.

A proposta do Goberno municipal, aprobada hoxe, pasa por manter como Zona de Especial Afluencia Turística a Cidade Vella, a zona centro e as contornas de Riazor e da Torre (estaban en dita categoría desde hai cinco anos), sumando áreas novas como Monte Alto, ampliándose a zona da praza de Lugo ata a praza de Galicia e, desde esta última localización, ata a avenida Linares Rivas e a rúa Ramón de la Sagra. A ampliación obedece a sendas peticións cursadas polas asociacións de comerciantes deses ámbitos.

"Esta delimitación de zonas non obriga a mudar horarios, senón que é algo voluntario e supón, en todo caso, unha ferramenta para que os comerciantes poidan aproveitar os períodos de maior facturación, como Nadal, Entroido, Semana Santa e verán, se así o desexan", explicou José Manuel Lage, "de aí que a inclusión destas zonas anteriormente mencionadas sexa a petición do tecido asociativo local".

Lage recalcou, ademais, que con esta medida "o Goberno de Inés Rey busca apoiar o comercio local, atendendo ás peticións do sector, dando liberdade horaria ao pequeno comercio da cidade para aproveitar datas clave con máis afluencia turística, se así o ven pertinente, con vistas a reforzar a súa facturación".

A normativa fixa que, de non aprobarse zonas de especial afluencia, toda a cidade quedaría sometida a unha liberalización de horarios durante todo o ano. A proposta municipal aprobada hoxe impide esa liberalización total de horarios e limítase a dotar de maior flexibilidade a aquelas zonas que así o solicitan mediante as súas asociacións de comerciantes. 

Estas son as Zonas de Especial Afluencia Turística e os períodos de flexibilización horaria

  • Zona monumental: 
    • Cidade Vella: Igrexa de Santiago; Colexiata de Santa María do Campo; Igrexa de San Jorge; Igrexa de Santo Domingo; Praza de Azcárraga; Praza das Bárbaras.
    • Praza de María Pita. 
    • Galerías da Mariña.
    • Torre de Hércules.
    • Murallas século XVII.   
    • Xardín de San Carlos. 
    • Castelo de San Antón.   
    • Coruña Modernista.  
    • Casa Picasso.
  • Centro da cidade e Monte Alto:  
    • Zona de concentración hotelera.
    • Zona de concentración hostaleira.  
    • Zona comercial.   
    • Zona de recepción de cruceristas.
    • Zona de rutas marítimas.   
    • Portos deportivos. 
    • Dársena de autobuses.   
    • Paseo do Parrote.
    • Xardíns de Méndez Núñez. 
    • Museo de Belas Artes.   
    • Casas Museo.
    • Praias: Riazor, Orzán e Matadoiro.
  • Outras:
    • Estadio de Riazor.
    • Cemiterio de San Amaro.
  • Períodos de flexibilización horaria:
    • Nadal (1 de decembro a 8 de xaneiro).
    • Entroido (venres anterior a domingo posterior).
    • Semana Santa (venres anterior a domingo posterior).
    • Período estival (15 de xuño a 15 de setembro).

A ampliación do orzamento do IMCE

Por outra banda, no pleno aprobouse tamén un suplemento orzamentario por valor de 822.665 euros destinado ao Instituto Municipal de Cultura e Espectáculos (IMCE), con vistas a reforzar a aposta polas políticas culturais marcadas ao longo do vixente mandato polo Goberno de Inés Rey.

O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, e voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, destacou que os fondos proceden do remanente líquido de tesourería para gasto xeral, polo que non supón merma algunha noutras partidas.

Este suplemento de 822.665 euros suporá, tal e como detallou José Manuel Lage, destinar 700.000 euros extra para traballos realizados por empresas e profesionais; 100.000 euros para alugueiro de maquinaria, instalacións e accesorios; 11.800 euros para mobiliario e efectos; e outros 10.865 para maquinaria, instalacións técnicas e accesorios.

"Son fondos destinados a impulsar un modelo de cidade que supón achegar máis e mellor programación cultural para o gozo das coruñesas e coruñeses, pero tamén para engadir valor á nosa cidade como referente cultural e de grandes eventos no norte de España", apuntou Lage, que tamén recalcou que a partida orzamentaria aprobada hoxe servirá para "afrontar a ampla oferta cultural posta en marcha desde o IMCE, cunha ampla variedade de eventos".

Día Internacional do Orgullo LGTBI

O pleno ordinario do mes de xuño comezou esta mañá coa lectura, por parte da alcaldesa, Inés Rey, e en representación da Corporación municipal, dunha declaración institucional con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBI, que tivo lugar o martes 28 de xuño.

"A conmemoración do 28-X lémbranos o deber de seguir construíndo sociedades máis tolerantes que convivan na diversidade e promovan o cumprimento dos dereitos vulnerados destes colectivos", sinalou Inés Rey.

A alcaldesa valorou, ademais, o compromiso do Goberno municipal "para continuar cos traballos desenvolvidos pola área de Igualdade na promoción de actitudes políticas que favorezan a concienciación social para un efectivo cambio de mentalidade que erradique actitudes LGTBIfóbicas e o rexeitamento fronte a elas".

Neste sentido, Inés Rey trasladou a solidariedade e apoio do Concello da Coruña "a todas as vítimas das agresións LGTBIfóbicas", lembrando, en especial, "o asasinato por agresión homófoba, en grupo, a Samuel Luiz Muñiz, un acto brutal, inhumano e execrable que conmoveu á sociedade da cidade, e de toda España, e do que se cumpriu hai uns días un ano".

Ademais, a rexedora recalcou tamén o recoñecemento do Concello "ao labor de todas as persoas activistas e das organizacións que, voluntariamente, levan traballando máis de medio século en favor da igualdade efectiva de todas as persoas LGTBI".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión