Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de xaneiro de 2022

O Concello da Coruña convoca 89 prazas de funcionario de libre acceso e 16 de promoción interna

Trátase da maior convocatoria de emprego público de libre acceso feita nun só ano na historia da administración local

O Goberno local acaba de convocar 89 prazas de funcionario de libre acceso para diferentes postos da Administración local ás que poden acceder todos os opositores que cumpran os requisitos. Trátase da maior convocatoria de emprego público de libre acceso feita nun só ano na historia da Administración local.

En palabras do concelleiro de Recursos Humanos, José Manuel Lage Tuñas, "o Goberno cumpre así co compromiso de Inés Rey de promover a creación pública de emprego e o fai dando prioridade as áreas que prestan servizos esenciais".

O maior número de prazas convocadas correspóndense con postos do corpo da administración xeral que teñen atribuídas funcións comúns no exercicio da actividade administrativa, que superan as 61, entre auxiliares administrativos, técnicos medios de xestión e técnicos de administración xeral. O seguinte grupo máis numeroso é o de traballadores sociais e técnicos de apoio social, con 15 prazas. Convócanse tamén tres prazas de axudante de cemiterio e dúas de informática. Ademais, o Concello oferta prazas de oficial do Servizo de Extinción de Incendios, de psicólogo clínico, de técnicos de medio ambiente e de organización, de técnicos superiores de Economía e de Mobilidade, e de técnicos medios de Educación e de promoción do emprego. 

O Concello convoca tamén 16 prazas de promoción interna para estabilizar o emprego do persoal do Concello, con 14 prazas de administrativo e dúas de auxiliar de bibliotecas. O detalle das prazas ofertadas pode consultarse no BOP do 31 de decembro. Nos próximos meses publicaranse as diferentes convocatorias desas prazas.

Nova convocatoria en 2022

En 2022, ademais da nova oferta de emprego público que está pendente de aprobar e que será de 40 prazas aproximadamente, sacaranse 13 prazas máis de emprego libre correspondentes á OEP do 2021. Polo que o Goberno de Inés Rey terá creado no seu mandato preto de 150 prazas libres de emprego público.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión