Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

8 de mayo de 2022

O Concello da Coruña inicia un novo curso gratuíto sobre follas de cálculo para persoas desempregadas

No marco do proxecto Coruña Suma, esta semana iniciáronse outros dous cursos sobre programación orientada a obxectos con Java e alteracións dexenerativas

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Educación Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego e do Centro Municipal de Emprego dos Rosales, está levando a cabo un amplo programa de formación para persoas desempregadas co obxectivo de fomentar a empregabilidade dos veciños e veciñas da cidade. Este luns 9 de maio comezarán a impartirse novas clases sobre follas de cálculo, un dos catro cursos de ofimática previstos neste primeiro semestre.

O Centro Municipal de Emprego, situado nos Rosales, acolleu dous cursos de procesamento de textos, organizados en dúas datas (marzo e abril) de 75 horas. O primeiro realizouse no mes de marzo, dende o día 7 ata o 31, en horario de tarde (de 15.30 h a 19.30 h); e o segundo no mes de abril, dende o día 4 ata este pasado venres 6 de maio, en horario de mañá (de 9.30 h a 13.30 h). A estes dous, xa finalizados, sumarase outro máis, que iniciará as súas aulas no mes de xuño e que se levará a cabo dende o día 6 ata o día 30 en horario de mañá (9.30 h a 13.30 h). Todos eles contan cun total de 10 prazas por curso, o que suma 30 prazas en competencias ofimáticas de procesamento de textos.

Ademais dos cursos de procesamento de textos, o Concello da Coruña oferta formación ofimática en follas de cálculo. As primeiras aulas comezarán mañá, luns 9 de maio no propio Centro Municipal de Emprego, con 75 horas de formación que se impartirán en horario de tarde (15.30 a 19.30 h). No vindeiro semestre impartirase outra edición máis de este curso, durante os meses de outubro e novembro no mesmo horario. Ambos cursos dispoñen dun total de 10 prazas ofertadas para persoas desempregadas do termo municipal.

Esta oferta de cursos, que procura ampliar as posibilidades de inserción laboral das persoas inscritas no Servizo Municipal de Emprego, enmárcase na estratexia posta en marcha polo Goberno de Inés Rey para o fomento do emprego na cidade. Os cursos ofrecen a posibilidade de adquirir competencias transversais necesarias á hora de postularse para unha oferta laboral. Este servizo  busca facilitar a busca de emprego, tanto de persoas desempregadas como traballadoras que queren mellorar a súa empregabilidade. 

Proxecto Coruña Suma

Ademais da formación deseñada polo Centro Municipal de Emprego, o Concello da Coruña está levando a cabo o programa Coruña Suma, un proxecto promovido polo propio Concello e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, co obxectivo de facilitar a inserción laboral de persoas desempregadas da cidade en situación vulnerable ou en risco de exclusión social.

Dentro do programa Coruña Suma, que finalizará o vindeiro mes de decembro, atópase unha gran variedade de itinerarios formativos, integrados e personalizados. Búscase desta forma non só a capacitación das persoas nas habilidades máis demandadas no mercado laboral, senón tamén a posibilidade de establecer un traballo próximo e estable ás persoas que participan no mesmo. As accións formativas previstas céntranse en catro áreas fundamentais: administración e xestión, informática e comunicacións, atención a persoas dependentes e hostalaría e turismo.

Esta pasada semana iniciáronse dous novos itinerarios de formación. Un da área de informática e comunicacións sobre programación orientada a obxectos con Java, que iniciou as súas aulas o pasado luns 3 de maio; e outro da área de atención a persoas dependentes, sobre alteracións dexenerativas, demencias e alzhéimer, o martes 4 de maio. Ambas as formacións rematarán no mes de xullo, o día 1 e o 27 respectivamente, e dispoñen de 15 prazas para cada unha das formacións.

Para coñecer máis información sobre o proxecto Coruña Suma pódese visitar a web municipal de  Empleo .

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión