Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de xaneiro de 2022

O Concello da Coruña investiu no 2021 máis de 450.000 euros na mellora da seguridade nos accesos aos centros educativos

Durante o mandato actual, o Goberno de Inés Rey executou obras por valor de máis de dous millóns de euros para reforzar a accesibilidade viaria nos camiños escolares

O Concello da Coruña mantivo, durante o ano 2021, a súa aposta por mellorar a seguridade e accesibilidade dos menores aos centros educativos da cidade, cun investimento de 451.290,87 euros destinado a executar traballos de reurbanización en camiños escolares situados na contorna de sete centros educativos da cidade.

Desta partida, un total de 200.000 euros foron investidos no proxecto ANCAS (Asociación de Nenas e Nenos Camiñantes por un Ambiente Sostible e Seguro), un programa que forma parte da estratexia do Goberno de Inés Rey e a asociación Stop Accidentes para impulsar a mobilidade sostible e facer do peón o verdadeiro protagonista da seguridade viaria. Neste sentido, mellorouse a contorna de cinco centros educativos: os CEIP Emilia Pardo Bazán, Sal Lence, Juan Fernández Latorre, Anxo da Garda e Zalaeta. Os traballos consistiron no aumento das zonas peonís fronte aos centros escolares e a mellora dos camiños escolares coa disposición de pasos elevados.

Ademais, o Concello executou a peonalización da rúa Monte das Moas, diante do CEIP Anxo da Garda, a petición dos veciños, colexio e ANPA do propio centro educativo, actuación que contou cun investimento de 150.000 euros. 

Mellorouse tamén, no ano 2021, a accesibilidade do colexio Franciscanas, reforzando a seguridade nas rúas Lisboa e María Ana Mogás Fontcuberta, cun investimento de 101.290,87 euros.

Deste xeito o Goberno de Inés Rey reforza o seu compromiso cos avances en materia de seguridade viaria na contorna dos centros educativos, unha liña de traballo que durante o mandato actual propiciou investimentos por valor de 2.094.057,11 euros nas proximidades das escolas, colexios e institutos coruñeses.

As melloras de accesibilidade na contorna das asociacións

Por outra banda, no ano 2021, a Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade impulsou melloras na contorna da asociación Down Coruña, na rúa Pedralonga, por valor de 32.000 euros. Ademais da reforma de firmes e pavimentos, iluminación e redes de saneamento próximas, Infraestruturas executou a derruba dun muro de formigón que separaba o parque infantil das instalacións de Down Coruña.

Ademais, tamén durante o ano pasado, realizáronse melloras e adaptacións solicitadas pola ONCE diante da súa sede central na Coruña, sita nos Cantóns.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión