Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de noviembre de 2022

O Concello da Coruña licita a renovación completa da rúa San Xosé, no barrio de Monte Alto, con vistas á súa adaptación á normativa actual de accesibilidade

"Esta reforma permitirá conseguir unha rúa de maior calidade peonil, tal e como nos pediron veciños e comerciantes da contorna”, apuntou a alcaldesa, Inés Rey

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, anunciou este mércores que a renovación completa da rúa San Xosé, no barrio de Monte Alto, xa está en fase de licitación con vistas á súa adaptación á normativa actual de accesibilidade, á vez que se mellora o tránsito peonil e a seguridade viaria.

"Trátase dunha actuación moi necesaria desde hai un tempo. Esta reforma permitirá conseguir unha rúa de maior calidade peonil, tal e como nos pediron veciños e comerciantes da contorna", apuntou a alcaldesa.

Para acadar os criterios de accesibilidade esixidos na actualidade ampliaranse as dúas beirarrúas e instalarase unha plataforma única, renovando o pavimento de todo o conxunto, entre a rúa da Torre e a praza de Juan Manuel Iglesias Mato 'Palau'. Ao mesmo tempo, levarase a cabo unha renovación da actual rede de augas residuais, que se atopa anticuada e presenta desperfectos.

Tamén se instalará unha rede de recollida de augas pluviais e se renovará o sistema de iluminación, instalando novas luces LED. A actuación afectará a 560 metros cadrados de calzada e 471 metros cadrados de beirarrúa, incluídos os 131 metros cadrados de ampliación do itinerario peonil. O prazo de execución, unha vez licitado, será de catro meses e o seu orzamento superará os 225.000 euros.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión