Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de junio de 2022

En 2021 concedéronse 764 licencias de edificación, 354 máis que o ano previo á pandemia

O Concello da Coruña mobilizou 100 millóns de euros en obras desde 2019

Inés Rey: “En 2022 rebaixamos o tempo medio de pago a proovedores a 22 días, oito por debaixo do marcado por lei”

A alcaldesa, Inés Rey, destacou esta mañana no Foro de inversión APPECO, que o Concello da Coruña mobilizou 100 millóns de euros de inversión en obras dende o 2019. "Cen millóns de euros para transformar a cidade nun espazo máis sostible e amable" subliñou. 

A rexedora aproveitou o encontro para facer un balance do mandato, destacando os 47 millóns de obras contratadas polo goberno municipal aos que hai que sumar os contratos de mantemento de calzadas e aceras e a licitación da renovación integral do alumeado público da cidade. 

Respecto á concesión de licenzas, a alcaldesa destacou que no 2021 se concederon un total de 764 licenzas de edificación, 354 máis que o ano previo á pandemia. A alcaldesa puxo en valor  que 15 desas licenzas se corresponden con grandes promocións que superan os 1,2 millóns de euros de orzamento. Máis da metada desas licenzas, 460 son para a construción de obra nova como a Torre Hábitat en Someso (100 vivendas), o novo edificio de Metrovacesa en Eirís (111 viviendas) ou edificios no Ofimático de 90 e 24 vivendas respectivamente.

Pago a proveedores

Outro dos elementos clave da intervención da rexedora no foro de inversión foi o relativo ao pago de proveedores. Durante este mandato, o goberno de Inés Rey situou o tempo medio de pago en 28 días, dous días por baixo do establecido por lei e cinco por debaixo de anos anteriores. Ademais, "neste 2022 rebaixamos o tempo medio a 22 días, oito por debaixo do marcado por lei" sinalou a alcaldesa. 

Ademais, o Concello da Coruña leva 23 meses sen superar os 30 días no pago a proveedores, algo que non se conseguira nunca, o que pon de manifesto que "este goberno se preocupa pola xestión, pola reactivación económica e por facilitar o traballo ás persoas que integrades este sector" concluiu Inés Rey.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión