Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de maio de 2022

O Concello da Coruña organiza obradoiros de control do estrés e da ansiedade

Este novo proxecto de atención á saúde mental da cidadanía, impulsado pola Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Participación, poñerase en marcha no Centro Cívico da Cidade Vella

Este venres, 27 de maio, ábrese a inscrición para os obradoiros de dó e control do estrés e a ansiedade que organiza o Concello da Coruña a través da Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá. Os talleres son gratuítos e están dirixidos a persoas maiores de 16 anos.

O proxecto, que se levará a cabo no Centro Cívico da Cidade Vella a partir do próximo día 6 de xuño, atende a dúas circunstancias relacionadas coa saúde mental que se detectaron desde os Servizos Sociais do Concello e que non están suficientemente cubertas desde a Sanidade autonómica. Por unha banda, no obradoiro de dó traballarase sobre como afrontar a perda de seres queridos; e por outro lado, no taller de estrés e ansiedade buscaranse ferramentas para paliar a ansiedade e o estrés xerados tanto por unha perda persoal como por outras situacións vitais (perda do traballo, soidade, efectos emocionais da Covid-19...).

"A pandemia e as súas consecuencias, non só para quen perdeu a algún ser querido por mor da Covid-19, senón tamén as situacións de soidade, medo, perda de relacións, cambios laborais e outras moitas, puxeron a saúde mental dos cidadáns e cidadás no foco das preocupacións das Administracións públicas", sinala a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá, Yoya Neira.

"Por iso, o Goberno municipal que dirixe Inés Rey puxo en marcha dous obradoiros no que as cidadás e cidadáns que se inscriban poderán, coa asistencia de expertos en psicoloxía, traballar a súa circunstancia persoal de dó ou estrés e ansiedade, e obter ferramentas para mellorar o seu estado emocional", agrega. "Cónstanos que esta situación que queremos abordar cos talleres afecta en maior medida ás mulleres, debido a que ao ser coidadoras, adoitan arrastrar unha maior carga emocional: a súa e a do resto dos membros do núcleo familiar" agrega Neira.

As datas e horarios dos talleres son os seguintes:

  • Taller de duelo

o   Lugar: Centro Cívico Cidade Vella.

o   Horario: De 17.00 a 18.30 horas.

o   Grupos: 1 (o mesmo grupo os dous días da semana, en 16 sesións).

o   Días. Martes e xoves (7, 9, 14, 16, 21, 23, 28, 30 de xuño; 5, 7 e 12 de xullo).

o   Participantes: De 10 a 15 persoas.

  • Taller de estrés e ansiedade

o   Lugar: Centro Cívico Cidade Vella.

o   Horario: De 18.30 a 20.00 horas.

o   Grupos: 1 (os dous días da semana, en 16 sesións).

o   Días: Luns e mércores (6, 8, 13, 15, 20, 22, 27, 29 de xuño; 4, 6 e 11 de xullo).

o   Participantes: De 10 a 15 persoas.

Inscrición: A partir do día 27 en horario de luns a venres de 9.00 a 13.45 horas, e de 16.00 a 20.45 horas; sábados de 10.00 a 13.45 e de 16.00 a 20.45 horas, no propio Centro Cívico da Cidade Vella, chamando ao teléfono 981 189 885 ou na propia conserxaría do centro. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión