Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de junio de 2022

A ordenanza prevé a creación dun Rexistro Público de Axudas, Subvencións e Convenios accesible a toda a cidadanía

O Concello da Coruña pon en marcha a primeira ordenanza municipal de subvencións

O prazo para formular alegacións ou suxestións xa está dispoñible, e permanecerá aberto dende mañá 16 de xuño ata o 15 de xullo na sede electrónica municipal

O Concello da Coruña, a través da Área de Economía, Facenda e Réxime interior, iniciou os trámites para aprobar a primeira ordenanza municipal para a regulación das subvencións. Tras a aprobación do Plan estratéxico de subvencións 2021-2023 o pasado 2021, o Goberno de Inés Rey puxo en marcha a elaboración dunha ordenanza para regular de forma xeral a concesión de subvencións na Administración local.

O Concello da Coruña conta desde 2005 cunha Ordenanza xeral de subvencións na Área de Benestar, máis esta só atinxe aos ámbitos cultural, social e deportivo. Tal e como subliña José Manuel Lage, concelleiro de Economía, o obxectivo desta nova regulación é "seguir avanzando na optimización dos recursos, na racionalización dos procedementos e dotar de transparencia a xestión de todas as subvencións concedidas polo Concello da Coruña e os seus organismos públicos".

A proposta de ordenanza recolle, ademais, a creación do Rexistro Público Municipal de Axudas, Subvencións e Convenios, que permitirá a consulta pública dos datos recollidos nela. Deste xeito, a cidadanía poderá acceder á información sobre subvencións a entidades e colectivos realizadas dende a sede municipal, cumprindo coa normativa de transparencia e bo goberno e favorecendo a claridade na xestión municipal.

Como paso previo á súa tramitación, os coruñeses e coruñesas poderán formular alegacións ou suxestións á proposta de ordenanza. O prazo é dun mes dende a data de publicación, ábrese o formulario mañá e finaliza o vindeiro 15 de xullo (ambos incluídos), a través do formulario activado na sede electrónica do Concello premendo nesta ligazón.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión