10 de xullo de 2022
Un total de 44 asociacións recibirán fondos para gastos de funcionamento ou apoio aos seus programas, proxectos e actividades
Xa está dispoñible, na web municipal, a listaxe coa proposta de resolución definitiva das subvencións destinadas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que concede o Concello da Coruña a través da concellería de Benestar Social. O importe total das axudas suma 100.000 euros, que 44 asociacións da cidade poderán utilizar para llevar a cabo as súas actividades ou proxectos de interese social no ano 2022.
A finalidade das subvencións é a cooperación en actividades ou proxectos de promoción e reinserción social, a prestación de servizos sociais e, en xeral, as que persigan un interese social no ámbito dos servizos sociais, no termo municipal da Coruña, a realizar durante o ano 2022, por entidades de iniciativa social ou agrupacións de persoas, nas condicións que se establecen na Ordenanza Xeral de Subvencións da área de Benestar do Concello da Coruña.
O importe global das subvencións obxecto desta convocatoria específica é 100.000 euros e o importe máximo concedido para cada proxecto é de 8.000 euros. Cada entidade solicitou un proxecto como máximo.
8 de agosto de 2022
18 de xullo de 2022
12 de xullo de 2022
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible