Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

7 de marzo de 2023

O Concello da Coruña recupera 13 referencias do patrimonio toponímico de Palavea, que pasan a dar nome a outras tantas rúas do barrio

A Comisión de Honras e Distincións aprobou hoxe esta iniciativa, que atende ás especificidades identitarias de Palavea e devolve á actualidade o nome dos antigos lugares asociados ao núcleo

O Concello da Coruña aprobou esta mañá a disposición de 13 novas referencias no rueiro municipal do barrio de Palavea, unha iniciativa executada en colaboración coa asociación veciñal Os Nosos Lares e coa que o Goberno de Inés Rey busca devolver á actualidade o patrimonio toponímico de Palavea, cumprindo coa normativa marcada pola Lei de Patrimonio de Galicia.

A proposta, elevada esta mañá á Comisión de Honras e Distincións (CHD) presidida polo concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, está orientada á recuperación dos topónimos e microtopónimos tradicionais dos lugares que conforman o núcleo de Palavea -aldeas, predios, leiras e fontes, entre outros-, denominacións que persistiron no tempo a través da oralidade.

"O noso obxectivo é que estas denominacións, que lembran os lugares asociados anteriormente ao barrio, volvan ter vida no rueiro e espazos públicos da contorna", apuntou Inés Rey, que agradeceu as achegas e esforzos da veciñanza de Palavea para concretar esta medida, "coa que o Goberno municipal está firmemente comprometido porque contribúe a recuperar as especificidades identitarias dos barrios da Coruña".

Desta forma, e tras recibir a pertinente aprobación da CHD, o Concello dá o paso definitivo para incluír no rueiro do barrio as rúas Palavea Vella, Curro de Eguas, Fontaíña, Laranxeiro, río de Palavea, monte Alfeirán, Souto, Costa Vella, Raposo, Corbatín, vivendas de Santa Cristina, o camiño da Cascoña e o campo da Pena.

Neste sentido, dáse continuidade, con Palavea, a experiencias previas xa executadas no vixente mandato. É o caso de Xuxán, onde o Goberno de Inés Rey recuperou en 2020 o topónimo asociado tradicionalmente ao barrio, no canto de Parque Ofimático, empregado con anterioridade.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión