Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

16 de marzo de 2023

Desde a Oficina Virtual do Contribuínte tamén será posible xestionar a descarga dos certificados do padrón municipal, así como todo tipo de recibos asociados a trámites administrativos municipais

O Concello da Coruña renova a Oficina Virtual do Contribuínte, con melloras adaptadas a dispositivos móbiles e coa simplificación dos procesos de pagamento

Coa actualización do sistema, cada persoa usuaria poderá xestionar trámites como o pagamento de taxas e tributos sen abandonar a app, que nesta nova versión xa está sincronizada co TPV virtual da entidade bancaria

O Concello da Coruña puxo en marcha a nova Oficina Virtual do Contribuínte (OVC), unha ferramenta deseñada para simplificar trámites administrativos como a emisión de certificados do padrón municipal e o pagamento de taxas.

Neste sentido, a nova OVC actualiza a anterior versión da sede electrónica para os procesos de carácter tributario, cunha versión responsive -adaptada ás pantallas dos dispositivos móbiles, como é o caso dos teléfonos e as tabletas- que facilita a realización dos trámites dixitais desde, por exemplo, o teléfono móbil.

Ademais, a nova Oficina Virtual do Contribuínte, que na súa versión previa xa estaba integrada co servizo de rexistro Cl@ve -que permite a identificación electrónica da persoa usuaria nas súas relacións coas Administracións públicas-, tamén inclúe avances no referente á súa integración coa pasarela de pagamento da entidade bancaria. Coa actualización do sistema, cada persoa usuaria poderá xestionar trámites como o pagamento de taxas e tributos sen verse na obriga de descargar os ficheiros para, posteriormente, acceder á web da entidade bancaria, xa que o novo sistema da Oficina Virtual do Contribuínte está directamente sincronizado co TPV virtual das entidades bancarias, simplificando así o proceso.

O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, e voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, puxo en valor as novidades implementadas a través da OVC: "O que buscamos é mellorar os servizos que lles ofrecemos aos cidadáns, eliminar burocracia e facilitar a relación das persoas coa Administracións, unha directriz establecida por Inés Rey e que aplicamos tamén nas oficinas físicas do Concello cos novo sistemas de apoio e atención personalizada".

Que tipo de xestións se poden levar a cabo desde a nova OVC?

Para acceder á nova Oficina Virtual do Contribuínte, á que se pode chegar desde esta ligazón, é preciso identificarse a través do rexistro Cl@ve.

Unha vez rexistrada, toda persoa usuaria pode acceder, e modificar, os seus respectivos datos persoais, así como consultar o calendario fiscal anual. Neste sentido, a OVC facilita a disposición de notificacións automáticas para configurar recordatorios previos aos prazos de pagamento, por exemplo, do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), ou o Imposto sobre Bens Inmobles (IBI).

Ademais, co obxectivo de facilitar o acceso ao histórico de pagamentos, cada persoa usuaria da OVC ten un acceso directo aos seus expedientes persoais e tamén aos documentos xerados a través da app, de forma permanente.

A este respecto, desde a Oficina Virtual do Contribuínte tamén será posible xestionar a descarga dos certificados do padrón municipal, así como todo tipo de recibos asociados a trámites administrativos municipais, ofrecendo así unha alternativa máis áxil á cidadanía, para que non se vexa na obriga de solicitar, de forma presencial, a documentación nos diversos rexistros municipais da cidade.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión