Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de mayo de 2022

O Concello da Coruña restaura o “Breogán” de San Cristovo, do escultor Escudero Carril

O mestre Santiago Martínez Otero, restaurador da Catedral de Santiago, será o encargado de executar os traballos da peza escultórica, danada nos últimos anos

O Concello da Coruña acometerá nas vindeiras semanas a restauración do "Breogán", unha peza escultórica situada na praza de San Cristovo dende 1992. A escultura é unha homenaxe a Breogán, símbolo de Galicia e da cidade. A obra é un traballo de Francisco Escudero Carril, autor de outros monumentos de titularidade municipal como a escultura de Salvador de Madariaga na súa praza homónima ou a de José Neira nos xardíns de Catro Camiños.

A necesidade das actuacións na escultura débese á rotura dunha das extremidades da peza escultórica. Os traballos de restauración centraranse na reintegración da parte anatómica que falta (neste caso o antebrazo esquerdo) co obxectivo de recuperar a integridade formal e construtiva do ben. O fragmento será reposto coa peza orixinal, recollida polo servizo de infraestructuras e depositada no almacén da área municipal para a súa reposición.

Os traballos de restauración do monumento a Breogán serán executados por Santiago Martínez Otero, mestre ferreiro compostelano de gran prestixio. Entre os seus últimos traballos figuran actuacións na restauración da Catedral de Santiago, con intevencións no ciborio, a Porta Santa, a Torre do Reloxo ou a cripta. Ademais do seu recoñecemento como restaurador do patrimonio histórico, Santiago Martínez Otero recibiu o pasado ano 2021 o Premio Richard H. Driehaus das Artes e da Construción, na categoría de forxa, reixaría, cerrallaría, vidreiras con chumbo e outros traballos do metal.

Coa restauración de "Breogán", o goberno de Inés Rey continúa na recuperación e mellora do patrimonio histórico-artístico da cidade, sumándose á recente reposición da escultura orixinal de Emilia Pardo Bazán nos Xardíns de Méndez Núñez ou a recuperación dos reloxos históricos.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión