Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

24 de xuño de 2020

O concello destaca o comportamento exemplar da veciñanza durante a noite de San Xoán

A Coruña viviu unha festa atípica, en que apenas se rexistraron incidencias. O Goberno local pon en valor o papel responsable da hostalaría, nunha noite importante para o sector. Atendéronse unhas 200 chamadas ao 010 por pequenas molestias e recolléronse 197 toneladas de residuos, cifras similares ás dunha noite normal.

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, acompañada do responsable de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, fixo esta mañá un balance da festa de San Xoán, da que a edila destacou "o comportamento exemplar da veciñanza" durante unha noite, en que A Coruña gozou dunha festa atípica e moi tranquila.

Fontán felicitou, en nome da alcaldesa, tanto as veciñas como aos veciños nas súas reunións como ao sector da hostalaría que onte abriron os seus negocios "por cumprir as medidas de seguridade, de limpeza e de capacidade dos locais". Tamén remarcou a aqueles establecementos "que decidiron sacrificar unha noite tan importante e non abriron as súas portas". En total, autorizáronse 303 grelladas entre particulares e establecementos de hostalaría.

Tal e como sinalou a concelleira, durante os festexos as incidencias foron mínimas. A Policía Local tan só tivo que intervir en casos de malos estacionamentos e en dúas cacharelas, unha no Campo de Marte e outra na rúa Ribeira Sacra, nas que se tivo que sancionar a dous grupos de persoas por desobediencia á autoridade policial e por incumprir o bando municipal.

Canto á limpeza, Fontán explicou que se recolleron un total 159 toneladas de residuos inorgánicos e 38 de residuos orgánicos, "un día normal na cidade". O feito de que o acceso ás praias estivese pechado reduciu a recollida de lixo noutras 159 toneladas. Neste sentido, a responsable de Medio Ambiente sinalou que é un bo momento para poñer de relevo a necesidade de concienciar á cidadanía da necesidade de reducir os residuos e felicitou a veciñanza polo seu comportamento cívico ao recoller todo o lixo tras a festa.

O 010 recibiu un total de 200 chamadas, a maior parte delas para informar de ruídos. O resto de avisos tivo que ver con casos de auxilio cidadán de pouca importancia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión