Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de febrero de 2020

O concello e a Asociación LES Coruña coorganizan o I Congreso sobre a Diversidade Afectivo-Sexual na Literatura da cidade

A edila Yoya Neira presentou en María Pita este encontro de escritoras que usan a lingua galega como ferramenta de expresión para poñer o foco na igualdade e na loita polo activismo e a visibilidade do colectivo de lesbianas, bisexuais e transexuais

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Yoya Neira, presentou esta mañá no Pazo Municipal xunto ás representantes da Asociación de mulleres pola igualdade e visibilidade lésbica da Coruña, Les Coruña, o I Congreso sobre a Diversidade Afectivo-Sexual na Literatura da cidade que terá lugar o 28 de marzo no Centro Cívico da Cidade Vella.

Les Coruña, como organización activa socialmente e preocupada polos valores sociais que transforman a convivencia, impulsa e coorganiza co Concello da Coruña este encontro de escritoras que usan a lingua galega como ferramenta de expresión poñendo o foco na identidade, nos referentes de proximidade e na diversidade afectiva-sexual desde a mirada ampla e complexa da nosa contorna como punto de partida para unha análise global sobre as cuestións de xénero, equidade, capacidades diversas, ecofeminismos e un abano amplo de reflexións transversais.

No acto de presentación aos medios de comunicación, Yoya Neira explicou que o obxectivo do encontro é "falar do poder da lingua, neste caso do galego, como ferramenta de expresión para poñer o foco na igualdade e na loita polo activismo e pola visibilidade das persoas que pertencen ao colectivo de lesbianas, bisexuais e transexuais". A edila convidou a toda a veciñanza "a participar e a que se acheguen tanto ao congreso como á entidade para coñecer o traballo que se realiza día a día" xa que este congreso "non deixa de ser a guinda do pastel de moito traballo de campo e ao pé da rúa para visibilizar e normalizar este colectivo".

A voceira de Les Coruña, Noemí Díaz, explicou que esta xornada "conta coa participación de dez persoas do ámbito literario, da tradición oral de da música" e, asegurou, "a súa escolla non foi doada xa que buscabamos dúas características simultáneas: a súa implicación co uso da lingua galega ou reivindicación das linguas minorizadas e o seu apoio á diversidade afectivo-sexual". Díaz tamén matizou que esta primeira edición "é unha porta que se abre para que nas seguintes edicións toda a sociedade estea implicada e poida achegarnos as súas propostas".

O congreso terá unha festa posxornada ás dez da noite na sala de concertos Mardigrass, que soará ao ritmo de Rodrigo Cuevas. As entradas saen mañá á venda a partir das dez da mañá na plataforma Eventbrite.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión