Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de septiembre de 2020

O Concello e a Subdelegación do Goberno reforzan as liñas de traballo e colaboración en materia de seguridade

O edil de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, reuniuse hoxe coa subdelegada do Goberno, Pilar López-Rioboo, para abordar, entre outros temas, a xestión coordinada de actuacións relacionadas coa pandemia na Coruña

O concelleiro de Seguridade Cidadá e tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, xunto co director de Área de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, reuníronse hoxe coa subdelegada do Goberno, Pilar López-Rioboo, co fin de abordaren diferentes asuntos de colaboración entre ambas as administracións, como a xestión coordinada de actuacións relacionadas coa pandemia e que afectan dunha maneira especial á poboación da Coruña en materia de seguridade.

Unha das coincidencias existentes entre ambos os representantes políticos foi a conveniencia de intensificar a coordinación policial, co fin de racionalizar e optimizar os recursos e garantir os maiores índices de seguridade posibles.

Aínda que as estatísticas evidencian que A Coruña é unha cidade segura, Borrego e López-Rioboo incidiron na conveniencia de manter e reforzar as excelentes liñas de cooperación existentes entre a Policía Local e a Policía Nacional e Garda Civil. A colaboración actual é altamente satisfactoria mais, na reunión, manifestouse que a situación xerada pola Covid-19 fai necesario intensificar as actuacións en común para extremar o cumprimento das directrices sanitarias dispostas para loitar contra a pandemia.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión