Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de febreiro de 2020

O Concello e Down Coruña poñen en marcha “Down Café” no quiosco da praza de Ourense

A alcaldesa, Inés Rey, que mantivo unha reunión en xuño para abordar este proxecto apostou desde o inicio do mandato de que saíra adiante

O Goberno local traballa conxuntamente coa Asociación Síndrome de Down Coruña desde xuño nun proxecto de inserción laboral para persoas con diversidade funcional. Tras diversas xuntanzas e análises en profundidade do proxecto, ambas as entidades acordaron poñer en marcha esta iniciativa nun espazo de titularidade pública. Mañá, a Xunta de Goberno local acordará a concesión demanial directa e gratuíta da parte do quiosco municipal da praza de Ourense non ocupada polo IMCE. 

A Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación subscribiu coa Asociación Síndrome de Down Coruña un convenio de colaboración o pasado 26 de novembro de 2019, coa finalidade de contribuír a realizar un programa de adestramento para adquirir e mellorar as habilidades de comunicación persoal e social para persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

Neste senso, o proxecto "Down Café" ten como obxectivo impulsar a inclusión laboral, a actividade laboral remunerada, que consiste en promover a capacidade de autoxestión e desenvolvemento na iniciativa empresarial. Así, varias persoas da asociación formáronse neste tipo de traballos relacionados coa hostalaría e especialmente en servir e preparar todo tipo de clases de cafés.Nos últimos anos fixéronse avances notables neste senso, traballouse na liña de formacións laborais con perfís para postos específicos orientados a persoas deste colectivo. Trátase de postos de traballo adaptados que teñen en conta as súas capacidades e apoian naquelas que precisan máis desenvolvemento.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión