Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xaneiro de 2021

O Concello esíxelle á Xunta que conte coas urbes galegas para os proxectos de mobilidade que financiará a UE

O concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, participou onte de forma telemática na Mesa da Mobilidade da FEMP. Villoslada lémbralle á Consellería a súa “materia pendente co desenvolvemento do conxunto do transporte metropolitano da área coruñesa, que se comprometeran a estudar”.

O concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, participou onte na Mesa da Mobilidade da FEMP, que se desenvolveu de forma telemática e contou coa presenza de diferentes representantes de concellos e deputacións. Nela, manifestou a importancia dos fondos Next Generation en materia de mobilidade, proxectos que a Xunta xa ten preparados para aspirar ao seu financiamento por parte da Unión Europea con preto de 400 millóns de euros. Neste sentido, Villoslada apelou á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade "a que informe e conte coa cidade da Coruña para a planificación destes proxectos porque descoñeciamos totalmente estas aspiracións que a Xunta de Galicia remitirá nos próximos días ao Ministerio". O Concello da Coruña "esíxelle participación nos proxectos urbanos e metropolitanos, xa que están concibindo solucións de mobilidade urbana para Galicia sen contar coas urbes", sinala Villoslada, que tamén lle lembra á Consellería a súa "materia pendente co desenvolvemento do conxunto do transporte metropolitano da área coruñesa, que se comprometeron a estudar".

Na reunión abordouse a Estratexia de da Mobilidade Segura, Sustentable e Conectada 2030, que se estrutura en nove eixes con máis de 40 liñas de actuación e máis de 150 medidas concretas. Esta estratexia, impulsada polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, móvese ao redor de tres vectores de transformación: a descarbonización, a dixitalización e unha crecente urbanización que afecta á sustentabilidade da mobilidade urbana e metropolitana.

Villoslada sinala que na Mesa da Mobilidade tamén se trataron "as novas normas sobre a iniciativa Cidade 30, en que xa estamos desde o pasado mes de maio, e o regulamento dos VMP, ao que tamén se anticipou o Concello da Coruña na súa implantación". O concelleiro asegura que, sobre a mesa, "preocupa o déficit que a pandemia da Covid-19 deixa no transporte urbano e para o que os Presupostos Xerais do Estado xa dotan unha partida de 275 millóns de euros, que poderán ser ampliables a mil millóns de euros".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión