Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de setembro de 2022

O Concello habilita un terceiro carril na glorieta do Pavo Real para mellorar a fluidez do tráfico na contorna

A actuación consistirá na habilitación do espazo de calzada non utilizado da avenida do Real Club Deportivo e na adecuación do interior da rotonda

O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, acometerá nos vindeiros días traballos de mellora da glorieta do Pavo Real, na intersección entre a rolda de Outeiro, Manuel Murguía e a avenida do Real Club Deportivo. Os traballos consistirán na habilitación dun terceiro carril na entrada á rotonda desde a avenida do Real Club Deportivo e a adecuación do interior da glorieta a este cambio.

O obxectivo que busca con esta actuación o Goberno de Inés Rey é mellorar a fluidez do tráfico na contorna e minimizar as posibles retencións que se forman en horas puntuais. Os traballos prevese que comecen este domingo. A principal intervención consistirá na habilitación do espazo situado á esquerda da avenida do Real Club Deportivo, en sentido á glorieta do Pavo Real, que na actualidade está cerrado ao tráfico. Deste xeito, manteríanse os tres carrís cos que conta a Terceira Rolda na meirande parte do seu percorrido.

Retiraranse os elementos que acoutan o carril para asfaltalo, ao tempo que se relocalizará a sinalización vertical e se pintará a nova sinalización horizontal na calzada. Por outra banda, no espazo interior da glorieta reducirase o tamaño da illa que hai nun dos accesos desde a rolda de Outeiro para habilitar este terceiro carril. Tamén se borrará a sinalización horizontal antiga e se pintará a nova.

O novo carril quedará habilitado este luns ás 6.00 horas. Será de uso exclusivo para as persoas condutoras que circulen en dirección ao barrio dos Rosales. A Policía Local da Coruña informará ás persoas usuarias da vía durante a xornada do luns dos cambios levados a cabo.

Con esta actuación o Goberno de Inés Rey continúa a realizar avances na mobilidade nos distintos barrios da cidade. Desde a concellaría que dirixe Díaz Gallego estúdanse diferentes intervencións para mellorar a experiencia circulatoria, á vez que se aposta por unha mobilidade máis sostible e saudable.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión