Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xuño de 2021

O Concello habilitará un dispositivo especial para velar pola seguridade da veciñanza na noite de San Xoán

Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e Policía Nacional traballarán de forma coordinada para evitaren que se produzan incidentes tanto nas praias, cuxo acceso se pechará ás 21.00 horas, coma nos barrios

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, informou hoxe de que neste segundo San Xoán sen fogueiras na praia, haberá un dispositivo especial coordinado entre a Policía Local, Bombeiros e Protección Civil, xunto á Policía Nacional co fin de velar pola seguridade da veciñanza nun ano en que a festividade se celebrará nos barrios. Deste xeito, evitaranse os amoreamentos de persoas e o San Xoán festexarase en grupos pequenos nas distintas zonas da cidade para que o Goberno de Inés Rey formulará distintas actividades de ocio. O edil recordou que está activado un procedemento para que as/os particulares e mais as/os propietarias/os de hostalaría soliciten a través do rexistro municipal o permiso para realizaren sardiñadas ou churrascadas: "Levamos 379 peticións este ano, pero aínda quedan dous días de prazo".

Por outra parte, sinalou que ás 21.00 horas se pechará o acceso aos areais por unha cuestión de seguridade e que se levará a cabo unha vixilancia especial, cun dispositivo nas praias, que reforzará o formado polas e polos axentes e bombeiros repartidos polo resto da Coruña. Borrego lembrou que o ano pasado o resultado do San Xoán nos barrios foi fantástico e agarda que o comportamento exemplar da xente se volva repetir nesta noite do 23.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión