Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de maio de 2021

O Concello impulsa a campaña “O metal nunca morre” para fomentar a reciclaxe de latas

A concelleira de Medio Ambiente explicou que o Concello apoiará sempre este tipo de iniciativas co fin de que a cidadanía contribúa a xerar esta economía circular tan necesaria e impulsar así unha cultura máis sustentable na cidade, algo especialmente necesario no contexto actual

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, xunto ao director do programa Cada Lata Cuenta en España, Pablo García, presentaron esta mañá no Local de Ensaio do Coliséum o programa europeo de sensibilización ambiental "O metal nunca morre", unha iniciativa que promove a reciclaxe de latas de bebidas nos Locais de Ensaio municipais. O obxectivo, sinalou Fontán, "é implicar a toda a cidadanía para acadar unha taxa do 100% da reciclaxe destas latas que, ao estaren compostas de metal, poden reciclarse infinitamente sen perder calidade."

A proposta diríxese á cidadanía en xeral, pero especificamente chegará a máis de 20 salas de ensaio e estudos de gravación da cidade que contarán con materiais que favorezan a reciclaxe destes envases e con material educativo que lembre a importancia da reciclaxe. Trátase, tal e como apuntou a edil de "concienciar sobre a importancia de reciclar dándolles unha nova vida a estes envases, un xesto que contribúe a promover a economía circular e a frear o cambio climático, reducindo emisións de CO2", explicou.

Pola súa banda, Pablo García quixo agradecerlle ao Concello a súa implicación nunha iniciativa que trata de reforzar a importancia da reciclaxe para promover a economía circular e coidar do medio. "A campaña anímanos a actuar de maneira sustentable porque lle damos un dobre sentido á mítica frase do metal, lembrando o gran potencial que ten a reciclaxe de latas, un envase que se pode reciclar de maneira infinita para coidar o planeta", explicou.

O Concello xa colaborou o pasado verán coa iniciativa "Circula a túa lata", que se desenvolveu durante o mes de agosto nas praias coruñesas. A elas acudiu cada fin de semana a Resistencia Circular: un equipo de educadores/as ambientais que axudaba na concienciación sobre a reciclaxe e que contou cunha gran resposta por parte do público.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión