Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de novembro de 2022

O Concello impulsa unha acción de dinamización comercial na contorna do mercado municipal de Ramón Cabanillas

Este venres e sábado levaranse a cabo animacións con actores profesionais e poderanse gañar cinco premios de 50 euros para gastar nos postos do mercado

O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Mercados, organiza este venres 25 e sábado 26 de novembro unha acción de dinamización comercial na contorna do mercado de Ramón Cabanillas, no barrio dos Mallos. Esta iniciativa do Goberno de Inés Rey busca fomentar o consumo local e de proximidade. A acción farase despois de consultalo coas persoas responsables dos postos deste espazo municipal.

As diferentes accións levaranse a cabo no propio mercado e nas zonas limítrofes este venres, en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.30 a 20.00 horas, e o sábado, en horario de 11.00 a 13.30 horas. Contarase cun actor e unha actriz profesionais con ampla experiencia en espectáculos circenses, que apoiarán a súa actuación con distintos elementos.

Durante as dúas xornadas repartiranse 150 boletos que conteñen un total de cinco premios de 50 euros para gastar no mercado de Ramón Cabanillas. As persoas interesadas poderán participar respondendo correctamente a tres preguntas, facéndose unha foto e subíndoa ás súas redes sociais ou deixando unha mensaxe nun cartel que portarán os actores da campaña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión