Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de febreiro de 2020

O concello impulsará o labor social da OSG a través das súas agrupacións infantís e xuvenís

Benestar Social acaba de asinar un convenio coa formación para que esa parte non profesional da orquestra teña máis presenza en entidades sociais e achegue a música clásica a máis poboación nova

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, e o concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, anunciaron esta mañá xunto ao xerente da Orquestra Sinfónica de Galicia, Andrés Lacasa, a sinatura dun convenio de colaboración entre ambas as institucións co que se coordinará o labor social que realiza a OSG, cun número importante de concertos a favor de distintas entidades da Coruña. A concellería canalizará e daralle visibilidade a "esa parte descoñecida" da formación, segundo Neira, que abrangue o coro e a orquestra xuvenís e o coro infantil para "devolverlle parte do que nos deu a Sinfónica á cidade desde que  foi creada en 1992".

Recoñecida a nivel estatal e mundial con premios como a Medalla de Ouro da Real Academia de Belas Artes ou o premio de Cultura Galega da Música 2010, a edila lembrou que foi tamén orquestra residente do Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 e do Festival Mozart ata 2013, e que emprendeu xiras por América do Sur e  Viena, onde actuou a finais de 2009: "Paralelamente naceu o coro e un programa educativo como Son Futuro, que engloba a Orquestra Xove e a de Nenos xunto aos dous coros, que tratarán de impulsar agora co acordo de cara a achegar a música clásica á poboación máis nova. Yoya Neira recordou que para darlle unha maior difusión a esta parte non profesional, requírese que a Xunta aboe a débeda pendente que está recaendo precisamente no día a día dos coros infantil e xuvenil.

Para a concelleira, a música é un elemento de normalización e de inclusión esencial. Proba diso está no éxito do proxecto Abanca ReSuena que permite que moitas nenas e nenos nunha situación normalizada convivan con outros máis vulnerables e todas e todos accedan ás clases de música, nunha "aposta da cidade pola cultura, sinal de identidade dos gobernos socialistas".

O xerente, Andrés Lacasa, agradeceu o apoio constante do concello e falou da importancia que teñen as agrupacións infantís, "a próxima tempada é o décimo aniversario da creación de orquestras de nenos, que na actualidade intentan imitar outras cidades ás que estamos asesorando". O representante afirmou que da programación didáctica de Son Futuro benefícianse máis de 24.000 alumnas e alumnos e que entre as orquestras e coros non profesionais xunto ás inscritas e inscritos no proxecto Abanca ReSuena suman máis de 600 cativas/os vinculados co Conrsorcio para a Promoción da Música: "Se con este convenio aumentamos a presenza de todas estas agrupacións para lles axudar ás persoas máis necesitadas, estamos dando un paso cara a diante que servirá para difundir aínda máis o que facemos desde a OSG".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión