Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

26 de octubre de 2020

O concello inicia os traballos para levantar a duna de protección na praia de Riazor de cara á tempada invernal

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán sinalou que por primeira vez a formación da barreira corresponderalle á nova empresa de limpeza.

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, anunciou esta mañá na praia de Riazor que o concello iniciou os traballos para levantar a duna que se coloca cada ano no areal como barreira de protección nese tramo do Paseo Marítimo. O obxectivo, dixo a concelleira, é minimizar o impacto dos temporais na no tráfico e na circulación peonil nese tramo do paseo.

O servizo municipal utiliza dúas máquinas bulldozer para realizar os traballos, que finalizarán en cinco días sempre que a meteoroloxía o permita. Fontán sinalou que por primeira vez a formación da barreira corresponderalle á nova empresa de limpeza, e incluirá ademais a realización dun estudo co fin de mellorar a súa efectividade. A duna terá unha altura de 2,5 metros de altura, o que lle permitirá á cidadanía seguir contemplando o mar. Desde a liña de paseo até a duna hai unha separación de doce metros e medio.

Fontán lembrou que é habitual que a duna teña que se reconstruír durante a tempada invernal, polo menos nunha ou dúas ocasións. "O mar ten máis forza ca nós, pero o concello está preparado", apuntou.

Este tipo de duna levantouse por vez primeira en 1995 como resposta ao violento temporal que derribou a balaustrada do Paseo Marítimo. O risco de que o mar rebase a duna depende fundamentalmente da altura e dirección da ondada, intensidade e dirección do vento, e dos niveis da preamar. As situacións máis perigosas de subida da auga ao Paseo Marítimo e mesmo ás vías danse cando conflúen mareas vivas con temporais do noroeste, algo que se dá entre unha e tres veces máximo en cada tempada.

Doutra banda, a Concellería de Medio Ambiente estuda reforzar a limpeza e desinfección na contorna dos centros escolares e mercados de abastos ante a crise sanitaria que está a vivir a cidade cun aumento de persoas contaxiadas. Fontán sinalou que os traballos de limpeza son exhaustivos en toda a cidade e pediulle á veciñanza colaboración nas tarefas de mantemento.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión