Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

20 de mayo de 2022

O Concello instalará un espazo informativo sobre o proxecto Connecting Nature os días 21 e 22 de maio na zona do Obelisco

Haberá diferentes actividades que buscarán concienciar á cidadanía sobre a importancia das Solucións Baseadas na Natureza

O Concello da Coruña, a través da súa concellaría de Medio Ambiente, levará a cabo esta fin de semana actividades divulgativas dentro do proxecto europeo Connecting Nature, ao que a cidade está adherido. Instalarase un espazo informativo na contorna do Obelisco este sábado 21 e o domingo 22 de maio.

Connecting Nature é un ambicioso plan da Unión Europea do que A Coruña forma parte activa, como outras grandes cidades, rexións ou empresas. O seu obxectivo principal é concienciar á poboación sobre a importancia das Solucións Baseadas na Natureza (SBN). A UE define as solucións baseadas na natureza como "solucións inspiradas e apoiadas pola natureza, que son rendibles, proporcionan simultaneamente beneficios ambientais, sociais e económicos e axudan a crear resiliencia".

A diversidade biolóxica é fundamental para o desenvolvemento dos procesos vitais no Planeta. A súa diminución ou perda supoñen un problema insalvable sobre o benestar humano, sobre a seguridade alimentaria, os desastres naturais ou o acceso á auga ou ás materias primas. A actividade da humanidade e o cambio climático aumenta o risco de extinción de especies e a proliferación de epidemias afectando de maneira severa á biodiversidade. Connecting Nature xorde para reverter esta situación.

Durante estas dúas xornadas, a cidadanía poderá informarse no Obelisco dos diferentes aspectos desta iniciativa na que participa o Concello. Haberá distintas actividades, obradoiros e entregaranse plantas. O Goberno de Inés Rey aposta pola concienciación dos coruñeses e das coruñesas sobre o cambio climático a través deste tipo de iniciativas.

Ecohortas

As Ecohortas municipais estarán moi presentes nestas dúas xornadas organizadas pola concellaría de Medio Ambiente. A poeta Yolanda Castaño será a encargada de ler o texto preparado para Connecting Nature sobre estes espazos. As hortas teñen unha clara vocación educativa e integradora, polo que, ademais do seu uso particular, certo número de parcelas reserváronse para a xestión colectiva por parte de centros de ensino, asociacións sen ánimo de lucro e outros colectivos.

Estes hortos, que están situados nas zonas do Agra do Orzán, Novo Mesoiro e o parque de Eirís, foron recentemente renovados, con melloras substanciais nas súas instalacións e zonas comúns, como paso previo a un novo sorteo de adxudicatarios por un período de catro anos. Na actualidade, as persoas agraciadas de entre as rexistradas que cumprían con todas as condicións do prego xa foron contactadas e entregáronselles as chaves das instalacións, podendo comezar xa os seus traballos agrícolas nas parcelas.  

Actividades programadas con motivo do  Connecting  Nature A Coruña

Sábado 21 de maio. De 17.00 a 21.00 horas.

  • De 17.00 a 21.00 horas. Entrega de plantas entre a cidadanía para a divulgación da importancia dos balcóns verdes como ferramenta individual de fomento da biodiversidade urbana.
  • De 17.00 a 18:45 horas. Actividade guiada de elaboración dun testo de origami e plantación dunha semente. Destinado para público infantil e familiar.
  • De 19.00 a 20.00 horas. Presentación da publicación de Connecting Nature 'Memoria da Natureza. Experimentando ou proceso de Saraievo nas hortas urbanas da Coruña'. Lectura do texto por parte da poetisa Yolanda Castaño.
  • De 20.00 a 21.00 horas. Obradoiro demostrativo de fabricación de hoteis de insectos.

Domingo 22 de maio. De 11.00 a 14.00 horas.

  • De 11.00 a 14.00 horas. Entrega de plantas entre a cidadanía para a divulgación da importancia dos balcóns verdes como ferramenta individual de fomento da biodiversidade urbana.
  • De 11.00 a 12:45 horas. Actividade guiada de elaboración dun testo de origami e plantación dunha semente. Destinado para público infantil e familiar.
  • De 13.00 a 14.00 horas. Obradoiro demostrativo de fabricación de hoteis de insectos.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión