Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

2 de xaneiro de 2021

O Concello inviste case 7 millóns de euros en educación, o 96% do seu orzamento

O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, sinalou que “o Concello respondeu de xeito inmediato a todas as necesidades que xurdiron pola pandemia nos centros educativos” e, dixo, “fixemos todo o que estivo na nosa man, en moitos casos asumindo competencias impropias, como a desinfección dos colexios”

A Concellería de Educación, que dirixe o concelleiro Jesús Celemín, executou o 96% do orzamento destinado ao Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, que este ano superou os 7,2 millóns de euros. A de 2020 foi a maior partida con que contou o dito servizo nos últimos anos: 6,3 millóns de euros no 2018 e 6,4 millóns de euros no 2019.

O titular de Educación apuntou que "os datos falan por si mesmos" e asegurou que "o compromiso do Goberno que dirixe a nosa alcaldesa, Inés Rey, coa comunidade educativa desta cidade é real". Sinalou que "o Concello respondeu de xeito inmediato a todas as necesidades que xurdiron debido á pandemia nos centros educativos" e, dixo, "fixemos todo o que estivo na nosa man, en moitos casos asumindo competencias impropias, como a desinfección dos colexios".

Os grandes piares, desde o punto de vista orzamentario, son o investimento nos centros educativos de infantil e primaria, as escolas infantís municipais e os convenios nominativos.

O Concello executou unha partida de máis de 4,6 millóns de euros nos colexios de infantil e primaria. Desta contía, 2,68 millóns de euros investíronse no mantemento dos centros, en que se incrementaron os contratos de limpeza e mantemento en todos os colexios públicos para garantir a seguridade da comunidade escolar e as medidas do protocolo anti COVID-19, que orixinou novas necesidades relacionadas coa ventilación e a salubridade dos edificios. As obras executadas nos centros de infantil e primaria sumaron 882.870 euros, dos 1,16 millóns de euros coN que contaban para este ano, unha partida anual que case duplicou os 599.937 euros do orzamento para este tipo de intervencións no exercicio de 2019. En relación cos programas educativos nestes centros, por valor de 1,07 millóns de euros, neste exercicio a execución baixou lixeiramente con respecto a anos anteriores debido ao peche de centros educativos e á cancelación de programas internacionais por mor da pandemia.

Canto ás escolas infantís, o Concello executou 2,3 millóns de euros na xestión destes centros educativos (2,06 millóns de euros) e en obras de mellora (256.068 euros). Ademais, lembra o concelleiro, "aprobamos a gratuidade das escolas infantís e, por tanto, o Concello asumiu o 100% do custo a partir deste curso".

As obras realizadas tramitadas e executadas neste exercicio nos CEIP foron:

-          CEIP María Pita: ventilación no ascensor, carpintería metálica, empastáronse muros, instalación dunha marquesiña e da pérgola (que se atopa en licitación).

-          CEIP Raquel Camacho: fase 1 da reforma das fachadas.

-          CEIP San Francisco Javier: pista cuberta, varandas de protección e reparación dunha porta avariada.

-          Centro de Educación Especial Nosa Señora do Rosario: impermeabilización da terraza.

-          CEIP Wenceslao Fernández Flórez: porta de acceso na zona axardinada.

-          CEIP Juan Fernández Latorre: arranxo da pista.

-          CEIP Cidade Vella: reparación da malla do peche.

-          CEIP Curros Enríquez: ampliación do comedor, demolición do muro e instalación da tarima flotante e reparación da sala de caldeiras.

-          CEIP Sal Lence: obras para situar a conserxería noutro espazo.

-          CEIP Rosalía de Castro: cambio do pavimento por caucho e instalación dunha rede antipaxaros.

-          CEIP Sanxurxo de Carricarte: amaño dunha pista cuberta e adquisición dun escenario.

-          CEIP Emilia Pardo Bazán: instalación dun lavamáns.

As obras de mellora que o Concello realizou nas escolas infantís foron:

-          Carricanta: impermeabilización das terrazas.

-          Agra do Orzán: instalación dun sistema de ventilación.

-          Arela: reforma das fachadas, instalación de pavimento rugoso e mellora das deficiencias eléctricas.

-          A Caracola: filtración dos canlóns, instalación dunha centraliña, fugas de fontanaría e instalación térmica.

Canto aos convenios nominativos e achegas por parte da Concellería de Educación, que tamén se viron afectados pola pandemia, investíronse un total de 764.654 euros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión