Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de julio de 2020

O Concello levará a pleno a designación definitiva do Parque Ofimático como Xuxán

A Comisión de Honra e Distincións acordou que se debata na próxima sesión a recuperación deste topónimo da zona para nomear o barrio, así como outras propostas para rúas que realizou a Real Academia Galega co fin de manter viva a memoria do lugar

A Comisión de Honra e Distincións deu conta esta mañá dos expedientes que inclúen a determinación de nomes de vías públicas no Parque Ofimático para o que propoñen a designación definitiva como barrio de Xuxán. Na reunión acordouse levar á próxima sesión plenaria parte do rueiro deste barrio grazas aos votos favorables de PSOE, PP e Marea Atlántica, mentres que o BNG e o grupo mixto se abstiveron.

Tal e como recolleu nun informe emitido en xaneiro, a Real Academia Galega aconsella recuperar o topónimo de Xuxán que limitou noutrora unha zona incluída onde hoxe se erixe o Ofimático e deixar de referirse a el con este último nome por carecer de sentido e raizame. No estudo, a institución chámalle así tamén a unha das novas vías e propón outras denominacións para as súas rúas como Galán, Agrelo, A Canteira, Longarela, Campo de Galán e A Viña, que corresponden a microtopónimos anteriores co fin de rescatar a memoria do lugar e a tradición.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión