Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de marzo de 2022

O Concello licitará con urxencia un novo contrato de mantemento de beirarrúas tras entrar en concurso a adxudicataria

A XGL aproba resolver o contrato do servizo de vixilancia do Kiosco Alfonso e da Casa da Cultura Salvador de Madariaga para garantir os dereitos das persoas traballadoras

A Xunta de Goberno Local extraordinaria e urxente celebrada esta mañá no palacio de María Pita acordou a resolución do contrato de mantemento, conservación e reparación de pavimentos de beirarrúas e áreas peonís adxudicado en abril e 2021 á empresa Arias Infraestructuras por 1.999.999,99 euros anuais durante dous anos. Esta acción permitirá ao Concello licitar con carácter urxente un novo contrato, ademais de executar os traballos pendentes de finalizar que se atopan parados na actualidade.

O Concello adoptou esta decisión por incumprimento da obrigación principal do contrato. O Goberno municipal non recibiu a día de hoxe comunicación de Arias Infraestructuras relativa á súa declaración dun concurso voluntario ordinario de acredores. A resolución deste contrato supón tamén que o Concello se incaute da garantía depositada no seu momento pola empresa, que ascende a un total de 165.289,26 euros. O persoal técnico municipal determinará agora se os danos e prexuízos ocasionados polo incumprimento do contrato son superiores a dita cantidade. Nese caso, o Concello exercerá as accións legais oportunas.

Por outra banda, o Concello require á empresa que remate os traballos pendentes na cidade no prazo de 10 días. En caso contrario, o Goberno municipal poderá intervir ditas actuacións con medios propios ou a través dun contrato con outra empresa.

Servizo de vixilancia do Kiosco Alfonso e Salvador de Madariaga

O Concello incautará a garantía de 57.171,28 euros depositada pola empresa no momento da adxudicación do contrato e volverá a licitar o mesmo para garantir as condicións laborais dos traballadores e das traballadoras.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión