4 de decembro de 2020
Seguridade Cidadá explica que se trata dunha actuación puntual ante a posibilidade de que se teña que pechar o Paseo Marítimo por mor das condicións meteorolóxicas previstas para esta fin de semana.
Por mor das condicións meteorolóxicas previstas para a fin de semana, cunha alerta vermella activada no mar, o Concello da Coruña decidiu manter o tráfico rodado na rúa de San Andrés mañá pola tarde. Trátase dunha actuación puntual ante a posibilidade de que as condicións meteorolóxicas adversas obriguen a pechar ao tráfico o Paseo Marítimo. O obxectivo desta medida é facilitar a circulación de vehículos no centro da cidade e evitar, na medida do posible, a conxestión do tráfico nalgunhas vías. A rúa volverá a ser peonil o vindeiro sábado pola tarde.
Neste sentido, Seguridade Cidadá está a traballar para habilitar os dispositivos necesarios ante un posible peche do Paseo Marítimo tanto para as persoas viandantes como para circular os vehículos desde a Coiraza ao Playa Club.
19 de febreiro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible