Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

22 de diciembre de 2021

Os cursos desenvolveranse nos Centros Cívicos e terán unha capacidade axeitada á situación sanitaria

O Concello oferta centos de actividades para persoas de todas as idades dentro do seu programa sociocultural

O prazo para solicitudes ábrese o 27 de decembro e haberá modalidade presencial e en liña

O Concello da Coruña abrirá nos próximos días o prazo de preinscrición nas actividades socioculturais que desenvolve a concellaría de Benestar Social, Igualdade e Participación. Hai centos de opcións para diferentes grupos de idade que se poderán consultar nos centros cívicos, na páxina web municipal e no teléfono de información 010.

Este ano desenvolveranse en dúas modalidades: presencial e en liña. A capacidade estará supeditada ás limitacións sanitarias existentes no momento da inscrición e a celebración da actividade dependerá do número de persoas inscritas. As sesións serán de un día á semana e dunha duración de hora e media a excepción dos apoios escolares, que serán de dous días semanais. 

Entre a ampla listaxe de actividades dispoñibles destacan os idiomas, autodefensa, pilates, debuxo e pintura, memoria, informática, fotografía, baile, calceta ou bailes latinos. Os clubs aos que os e as interesadas pódense apuntar son de meditación, labores, palillos, teatro, pintura, traballos manuais ou cestaría. As actividades en liña dispoñibles para 2022 a través do canal de YouTube 'Coruña Acompaña' son: Modelado 3D en Blender, Balance (pilates, ioga e enerxía), ximnasia cerebral, inglés para viaxar, Chi Kung e Como manterse dinámicos.

Con esta iniciativa o Goberno municipal de Inés Rey aposta por unha ampla variedade de actividades ás que poden optar as e os coruñeses de cara ao 2022. "Pouco a pouco retomamos a normalidade nos nosos Centros Cívicos e buscamos que as persoas continúen a desenvolver as súas afeccións connosco a través deste programa impulsado desde o Concello", sinala a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira. 

Inscrición

A preinscrición realizarase preferentemente en liña, cubrindo o formulario que estará dispoñible na páxina web da concellaría. Cada persoa poderá solicitar tres actividades por orde de preferencia e tres clubs. Terán preferencia as persoas empadroadas na Coruña. En caso de non ter acceso a Internet, poderán solicitar a súa praza no teléfono 881 150 228, en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

As listaxes de preadmitidos publicaranse o 4 de xaneiro nos centros cívicos, na páxina web municipal e estarán dispoñibles chamando ao 010. O 5 de xaneiro procederase ao sorteo público nos centros cívicos, ata o 7 de xaneiro poderanse facer reclamacións á dita listaxe e o 17 de xaneiro publicarase a listaxe de admitidos. O 17 e 18 de xaneiro poderán facerse novas reclamacións a través do 010, mentres que os días 20, 21 e 22 de xaneiro deberase proceder ao pagamento das taxas.

A data de inicio das diferentes actividades e clubs será o 24 de xaneiro, aínda que podería variar en función da modalidade. Todas elas rematarán a última semana de maio, salvo os clubs, que teñen carácter anual e reanudarán a súa actividade en outubro.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión