Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

2 de abril de 2020

O concello ofrécelle colaboración ao Sergas na posta en marcha do hospital de campaña en ExpoCoruña

A Xunta de Voceiros pasará a realizarse os martes, segundo acordaron esta mañá as e os representantes de todas as forzas políticas políticas

A alcaldesa, Inés Rey, e o voceiro do Goberno local, José Manuel Lage, informaron esta mañá na Xunta de Voceiros de todas as novas con respecto á situación de emerxencia polo Covid-19, que estes días teñen como escenario a habilitación por parte do Sergas dun hospital de campaña en ExpoCoruña.

A rexedora púxose ao dispor da Xunta para axudar e colaborar na posta en marcha desta infraestrutura como un novo punto asistencial ás persoas enfermas e recibiu o apoio do resto de representantes das forzas políticas, ás que informou de todo canto se está a facer para que o CHUAC teña un apéndice nestas instalacións municipais.

Rey agradeceu o clima construtivo destas reunións, que pasarán a desenvolverse os martes, de acordo co que decidiron o conxunto de edís. Ademais, os responsables do Goberno local recolleron, como vén sendo habitual, as propostas das e dos voceiros, co fin de mellorar a cobertura que o concello lle está a dar á cidadanía nesta crise.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión