Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de maio de 2021

O Concello organiza cursos e talleres presenciais nos Centros Cívicos para grupos de catro persoas

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación pon en marcha estas actividades interxeracionais co obxectivo de ir recuperando paulatinamente a actividade presencial nestes espazos municipais

O Concello organiza 39 talleres e cursos monográficos presenciais nos Centros Cívicos da cidade, co obxectivo de ir recuperando paulatinamente a actividade presencial nestes espazos municipais. Cada formación será para catro participantes máis un monitor/a e terá un prezo de 4 euros.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, explicou que se poñen en marcha estas actividades "para  ir recuperando a presencialidade na rede municipal de Centros Cívicos, tendo en conta o importante son estes espazos para as persoas dos diferentes barrios e para as súas relacións interpersoais".

As persoas interesadas en asistir a estas formacións poderán solicitalo o 18 e 19 de maio no horario de apertura de cada centro cívico. As prazas conseguiranse por estrita orde de inscrición nas conserxerías dos devanditos centros. Se a persoa consegue unha praza, daráselle a folla de pago que terá que entregar selada pola entidade bancaria coa data límite do mércores 20 de maio. De non ser así, perderase a praza e chamarase a seguinte persoa na lista de espera.

Desde a concellería informan de que a realización destes cursos será en paralelo ao programa de actividades socioculturais dos Centros Cívicos, que seguen realizándose a través do canal de Youtube "Coruña Acompaña" e que a día de hoxe ten máis de 175.000 visualizacións.

Os cursos e talleres que se ofertan son os seguintes:

Centro Cívico

ACTIVIDADE I

ACTIVIDADE II

ACTIVIDADE III

San Diego

Terapia estimulación cognitiva

Días 25,28 maio e 1 xuño.

Horario: 10.30 a 12.00h.

Elaboración de xabóns naturais

Días: 3 e 4 de xuño

Horario: 17.30 a 19.45h.

Mindfulness

Días: 25, 27 maio e 1 xuño.

Horario: 10.30 a 12.00h

Monelos

Terapia estimulación cognitiva

Días: 24,27, 31 maio

Horario: 10.30 a 12.00h

Técnicas de relaxación e control da ansiedade

Días: 26,28 maio e 2 xuño

Horario: 18.00 a 19.30h

Expresión musical

Días: 26, 28 maio e 2 xuño.

Horario: 10.30 a 12.00h

Palavea

Reciclaxe creativa

Días:25,27 maio e 1,3 xuño

Horario:18.00 a 19.00h (agás o día 3 que remataría ás 19.30h)

Taller DJ

Días:28 de maio e 4 xuño

Horario: 18.00 a 20.15h

Técnicas de relaxación e control da ansiedade

Días 1,2 e 3 xuño

Horario: 10.00 a 11.30 h

Castrillón

Taller de lettering (inic)

Días:28 maio e 4 xuño

Horarios:

17.30 a 19.30h (día 28)           17.30 a 20.00h ( día 4)

          

Expresión musical

Días:25,27 maio e 1,3 xuño

Horario: 10.00 a 11.00h

10.00 a 11.30h (día 3)

Benestar e recuperación emocional

Días:26,31 maio e 3 xuño

Horario:10.30 a 12.00h

Labañou

Manexo do móbil

Días:26,31 maio e 2 xuño

Horario:10.30 a 12.00h

Terapia estimulación cognitiva

Días: 27 maio e 1,3 de xuño.

Horario:10.30 a 12.00h

Técnicas de relaxación e control da ansiedade

Días:27 maio e 1,3 de xuño.

Horario:18.00 a 19.30h

Rosales

Elaboración de xabóns naturais

Días: 26,31 maio e 2 xuño.

Horario:18.00 a 20.00h

Mindfulness

Días:25,27 maio e 3 xuño

Horario: 10.30 a 12.00h

Taller de Slime

Días:27 maio e 1,3 xuño

Horario:18.00 a 19.30h

Novoboandanza

Técnicas de relaxación e control da ansiedade

Días:25,27 maio e 1 xuño

Horario: 10,30 a 12.00h

Terapia estimulación cognitiva

Días:26,28 maio e 2 xuño

Horario: 10.00 a 11.30h

Taller de Slime

Días: 24,28 e 31 de maio

Horario:17.30 a 19.00h

Mallos

Móbiles e aplicacións

Días: 26,28 maio e 2 xuño

Horario: 10.30 a 12.00h

Reciclaxe creativa

Días:28 maio e 4 xuño

 Horario:17.00 a 18.30h

Terapia estimulación cognitiva

Días: 25,27 maio e 1 xuño

Horario:10,30 a 12.00h

Eirís

Comic e manga

Días:27,28 maio e 2 de xuño.

Horario:19.00 a 20.15h

Mindfullness

Días: 2,3 e 4 de xuño.

Horario: 10,30 a 12.00h

Taller de Slime

Días:24,26 de maio e 1 xuño

Horario:18.15 a 20.00h

Elviña

Móbiles e aplicacións

Días: 25,27 maio e 1 xuño

Horario: 10.30 a 12.00h

Terapia estimulación cognitiva

Días: 26,28 maio e 2 xuño

Horario: 10.30 a 12.00h

Técnicas de relaxación e control da ansiedade

Días:25,27 maio e 1 xuño

Horario:18.00 a 19.30h

Mesoiro

Reciclaxe creativa

Días:25,27 maio e 1 xuño

Horario:17.30 a 19.00h

Elaboración de xabóns naturais

Días:27,28 maio

Horario: 18.30 a 20.45h

Técnicas de relaxación e control da ansiedade

Días: 1,2,3 xuño

Horario:10,30 a 12.00h

Monte Alto

DJ e musical

Días:29 maio e 5 xuño

Horario:10.30 a 12.45h

Transferencia de imaxes

Días:26,31 maio e 2 xuño

Horario:17.00 a 18.30h

Terapia estimulación cognitiva

Días:25,27 maio e 1 xuño

Horario:10.30 a 12.00h

Cidade Vella

Terapia estimulación cognitiva

Días:24,26 e 31 de maio

Horario:10.30 a 12.00h

Taller de Slime

Días:26,28 maio e 2 xuño

Horario:17,00 a 19.30h

Taller de lettering (inic)

Días: 26,28 maio e 2 xuño

Horario: 17.30 a 19.00h

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión