Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de maio de 2022

O Concello planta árbores nas inmediacións do CEIP Torre de Hércules en colaboración co alumnado do centro educativo

A alcaldesa, Inés Rey, asistiu hoxe a un encontro coas nenas e nenos do colexio coruñés, no contexto dun coloquio orientado a fomentar valores para o coidado do medio ambiente

A alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, asistiu hoxe a un encontro con estudantes de segundo de Primaria do CEIP Torre de Hércules, antigo CEIP Sanjurjo de Carricarte, onde conversou co alumnado no contexto dun coloquio orientado a fomentar valores que aposten pola sostibilidade e o coidado do medio ambiente, e incentivando a cultura ecolóxica entre os máis pequenos e pequenas.

O encontro entre a alcaldesa e os alumnos xurdiu despois do interese amosado polas nenas e nenos do centro educativo coruñés na necesidade de máis árbores na cidade, o que motivou que o Concello puxese en marcha a disposición de 15 novos exemplares de moreiras na contorna do edificio, repartidas polas zonas de rolda de Monte Alto e na rúa Faro Fisterra.

As moreiras seleccionáronse debido á resistencia que esta especie presenta fronte a acción da auga salgada, feito de suma importancia ao encontrarse nunha zona moi exposta ao vento e o mar. Tras a conversa entre os estudantes e a alcaldesa, procedeuse a plantar as árbores coa axuda do alumnado, recorrendo a zona indicada para plantalas.

Esta iniciativa dá continuidade ao plan do Goberno municipal para resaltar a importancia do mantemento do medio ambiente, convertendo á Coruña nun lugar máis verde. O Concello plantou durante o ano pasado un total de 895 de árbores na cidade, a través de diferentes campañas nos barrios, ademais da reposición dos exemplares danados, buscando superar estas cifras neste vindeiro 2022.

Compromiso cun futuro verde

O Concello continúa así coa súa política sobre a ecoloxía e o medio ambiente, e acercando estes valores ás cidadás e cidadáns máis novos. Deste xeito, durante o día da árbore púxose en marcha unha iniciativa na que o concello plantou distintas árbores frutais nos centros A Caracola, Arela, Carricanta, Luís Seoane, EIM Monte Alto, EIM Agra do Orzán e EIM Os Rosales.

Iniciativas como esta, que forman parte do proxecto de educación ambiental da Concellaría de Medio Ambiente, teñen como obxectivo concienciar aos nenos e nenas da importancia das árbores e de coidar a natureza.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión