Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de xullo de 2021

O Concello pon en marcha NEO, un programa de ocio dirixido á mocidade de entre 12 e 17 anos

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, anunciou que nesta primeira edición organizaranse 65 actividades gratuítas con 515 prazas en 3 semanas de actividade, do 3 ao 18 de agosto de 2021

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, presentou esta mañá en María Pita NEO, un programa piloto que ten como obxectivo achegar e proporcionar alternativas de lecer que respondan aos intereses das mozas e dos mozos de entre 12 e 17 anos. Nesta primeira edición organizaranse 65 actividades gratuítas con 515 prazas en 3 semanas de actividade, do 3 ao 18 de agosto, que terán lugar nos centros cívicos de cada barrio.

A nosa intención, explicou Neira, é desenvolver e reforzar actividades dirixidas ao tramo dos 12 aos 17 anos dándolle prioridade á educación para captar a esta franxa de poboación a este tipo de lecer para que "poidan ter unha oferta máis atractiva que responda aos seus intereses". NEO nace da metodoloxía de Nocturnia, mais centrado na franxa de idade de 12 a 17 anos, buscando a súa participación nos períodos estivais e concentrando as actividades en horarios diúrnos durante a semana. Deste xeito, poderán participar entre semana en NEO e a fin de semana na programación da Nocturnia "tradicional". As actividades ofértanse en cada barrio na rede de centros cívicos agás aquelas que pola súa tipoloxía precisen doutro espazo de realización. Queremos, dixo Neira, achegar á mocidade aos servizos e recursos da súa contorna máis próxima para que podan coñecelos e telos presente no seu día a día. Neira resaltou que esta franxa de poboación "é unha prioridade absoluta para o Goberno de Inés Rey".

Neira apuntou que este ano NEO será un programa piloto co que poderemos sentar una base de acción para a formulación de programas para a mocidade dunha maneira flexible e coa participación directa dos colectivos xuvenís.

As actividades enmarcadas no programa NEO serán de balde para as persoas que participen nelas e contan cun protocolo sanitario específico posto a disposición da cidadanía a través da páxina web para o seu coñecemento. A participación implica a aceptación deste protocolo. A tipoloxía de actividades é variada: surf, skate, obradorios de artesanía, escalada en rochódromo, esgrima láser,  break dance...

A inscrición realizarase a través dun formulario habilitado na web www.coruna.gal/mocidade  Para a inscrición aparecerá cada centro cívico nomeado, e nel,  as actividades ofertadas como parte da súa programación. O período de inscrición será do 28 ás 10.00 horas ao 30 de xullo, ata as 12.00 horas.

+info: https://www.coruna.gal/mocidade/gl/programa-neo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión