Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de agosto de 2022

Baixo o lema ‘Seguen sendo unhas festazas aínda que baixes un pouco a voz’ buscarase concienciar sobre o ruído do lecer nocturno

O Concello pon en marcha unha campaña para promover o respecto ao descanso nocturno durante as festas

Durante as fins de semana de agosto sensibilizarase sobre a contaminación acústica e repartirase merchandising para promover un goce responsable

Con motivo das Festas de María Pita 2022 e a alta afluencia de turistas e coruñeses aos distintos eventos, especialmente aos concertos e á hostalería, o Concello da Coruña, a través do Consorcio de Turismo, lanza unha campaña para sensibilizar sobre o ruído do lecer nocturno, promovendo un goce responsable.

Durante as fins de semana do 6 ao 26 de agosto, un equipo de oito persoas estará de 00:00 a 04:00 horas nas zonas máis concorridas da noite coruñesa: Orzán, A Mariña, zona de Pescaría, Cormelana, Palexco e Obelisco, entre outras.

Este grupo de mozos e mozas difundirá a mensaxe "Seguen sendo unhas festazas aínda que baixes un pouco a voz" co obxectivo de promover un lecer respectuoso e de calidade, minimizando a contaminación acústica común nestes casos. Ademais, aconsellarase e informarase á xente sobre medidas que favorezan a convivencia entre a diversión e o descanso.

O obxectivo da campaña é que os turistas e cidadáns que acoden á Coruña nestas datas poidan gozar das festas de maneira responsable, respectando á súa vez a aqueles visitantes e coruñeses que opten polo descanso. Os viandantes poderán recibir un obsequio co lema da campaña para promover e promocionar a iniciativa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión